Amosando publicacións coa etiqueta xogo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta xogo. Amosar todas as publicacións

mércores, 22 de abril de 2015

O QUIXOTE E MONFORTE

 Sabías que... o escritor Miguel de Cervantes, considerado o mellor escritor da Literatura española e mundialmente coñecido por ter escrito unha das mellores obras da literatura universal  dedicoulle ao VII Conde  de Lemos a segunda parte  do seu libro Don Quijote de la Mancha?


 Placa ao pé do monumento a Miguel de Cervantes, frente aos xuzgados da avenida de Galicia.

Sabías que... Dulcinea, o amor de don Quixote, foi unha dama da casa de Lemos?
Antón Valcarce xunto á estatua do VII Conde de Lemos na Praza da Compañía.


O monfortino, Antón Valcarce,estudioso da historia da casa de Lemos, defende a idea de que o personaxe de Cervantes inspirouse en A­ldonza Lorenzo de Valladares, muller do segundo conde de Lemos  e nai da fermosa   Inés de Castro 

"A tesis de Antón Valcarce, baixo o título de Dulcinea de Lemos, en esencia, apunta que a maioría dos estudios destacan que no Quijote conviven tres mulleres que, en realidade, son unha. 
Valcarce defende que coa recuperación do nome dunha dama, precursora da familia dos Castro, "o que fai Cervantes é un guiño ao conde", unha mostra máis do agradecimento pola  protección que tivo do aristócrata da casa de Lemos, amante das artes e as letras. 





  • Pedro Fernández de Castro VII CONDE DE LEMOS
Foi un importante mecenas de grandes escritores da súa época, como Luis de Góngora (en cuxa obra podemos atopar múltiples sonetos e poemas dedicados ao conde ou á súa cidade de Monforte) ou Miguel de Cervantes, quen lle dedicou a súa obra Os traballos de Persiles e Segismunda, a segunda parte do Quixote, as Novelas exemplares, e as Comedias e entremeses, ademais dos irmáns Argensola, e de Quevedo, quen o definiu como "Honra da nosa Idade"

venres, 5 de decembro de 2014

A extraordinaria viaxe de LUCIUS DUMB Os dereitos humanos o mellor instrumento. LITERATURA, CINE, MÚSICA PARA O DÍA DOS DEREITOS HUMANOS

Un grupo de científicos moi intelixentes, moi tolos e moi sabios, buscan un instrumento que axude a convertir aTerra nun planeta pacífico, feliz e luminoso. Como teñen a seguridade de que tal instrumento existe nalgunha parte, deciden que un deles saia na súa busca.O elexido é Lucius Dumb, un científico noviño, tímido e bondadoso.


No seu  camiño Lucius coñece ao Profesor e ao Comandante, un par de simpáticos extraterrestres que acaban de ter unha avería na súa nave e que necesitan unha fonte de enerxía positiva moi potente para recargar as súas  baterías.
Lucius e os seus novos amigos inician unha viaxe extraordinaria que ademáiss de mostrarnos historias maravillosas,  descúbrenos as diversas facetas dun fabuloso instrumento fácil de tocar, que sona mellor canto maior é o número de persoas dispostas a tocalo, un instrumento que fai feliz a quen  o toca e a quen o escoita e que nunca necesita ser afinado porque siempre soa ben: son Os Dereitos Humanos, o Mellor dos Instrumentos.


O que vimos de ler é o argumento do libro que recomendamos coincidindo coa celebración do día 10 de decembro: DÍA DOS DEREITOS HUMANOS. Libro de VARIOS AUTORESEditorial Luis Vives (Edelvives)


TRAILER DA PELÍCULA

A película "El extraordinario viaje de Lucius Dumb". Los Derechos Humanos, tu mejor instrumento é unha película de animación sobre los Dereitos Humanos dos Nenos e Nenas . Dirixida por Maite Ruiz de Austri, producida por Iñigo Silva coa dirección artística de Carlos Varela, María Terrazas e Tote Azkona. Música composta por Pedro Calero.


A CANCIÓN






E esta é a páxina web oficial con diversas actividades 


luns, 17 de novembro de 2014

NO MES DA CIENCIA EN GALEGO: APRENDEMOS A VIVIR EN SAÚDE CON CIENCIA DIVERTIDA.

Esta actividade que foi dirixida polos cociñeiros Pancho Colate  e Aitor Tilla fixo aprender, experimentar e divertirse ao alumnado de 1º,2º,3º e 4º de Primaria. A fundación Mafre é quen a promove. Podemos acceder a máis recursos, XOGOS e vídeos facendo clic na imaxe ou no enlace.  
                                                   https://www.educatumundo.com/











sábado, 10 de maio de 2014

Actividades LIM para traballar as Letras Galegas 2014

Na  BIBLIOTECA DE MALLÓN  (Nigrán) prepararon estas estupendas actividades LIM que poñen a disposición de todas as bibliotecas escolares. Moi recomendables para as aulas durante a semana das Letras Galegas. Aprenderemos moito de forma amena e divertida. Moitas grazas e felicidades dende aquí para o equipo de biblioteca de Mallón.

                                        





                                         




sábado, 22 de marzo de 2014

QUE SANO É DIVERTIRSE: ACTIVILANDIA

Activilandia é un parque temático virtual para o fomento dunha alimentación saudable e a práctica de exercicio entre os escolares
 Activilandia  conta con 10 atraccións, tres actividades especiais, un concurso, sete xogos interactivos, tamén unha versión “app” para móbiles, 12 descargables en PDF con contido lúdico e didáctico e nove vídeos interactivos, ademais dun observatorio para familias e educadores.

ENLACE Á WEB DE ACTIVILANDIA AQUÍ