mércores, 27 de abril de 2016

CLUB DE LECTURA GANDULÉS 3º TRIMESTRE 2016


                                      MES DE MARZO NO CLUB DE LECTURA





Alumnos de 5º de E.P recitan os seus poemas favoritos do libro Os soños na gaiola, de Manuel María.

luns, 25 de abril de 2016

"O CHIFRE"

Outro dos actos organizados o pasado venres foi protagonizado polo grupo de teatro, que representou a obra "O chifre" baseada nun poema de Manuel María, autor a quen se lle adica o Día das Letras Galegas deste ano. A obra será estreada para o público en xeral o próximo vernes 29 de Abril na Casa da Cultura Lois Pereiro.

 Aquí podedes ver un adianto.

Exposición literaria e mural de Cervantes

Outra das actividades realizadas para conmemorar o  día do Libro. O alumnado do noso centro disfrutou dunha exposición de libros seleccionados con 3 temáticas: Don Quijote, Historia e personaxes históricos e Manuel María. Ademáis os alumnos Alejandro e Nerea explicáronlles aos seus compañeiros a vida de Miguel de Cervantes a partir dun mural elaborado polos seus compañeiros/as de 4º de Primaria.

venres, 22 de abril de 2016

Enchemos o patio de "madriñas e padriños de lectura" no Día Mundial Do Libro


A gran festa da lectura que levamos anos facendo nesta data, resultou coma sempre unha tenra, emotiva e educativa actividade. Só hai que mirar as expresións dos rostros  de afilladas e afillados ante os seus padriños lectores.
PARABENS PARA TODOS!!! E... FELIZ DÍA DO LIBRO!!!

OS LIBROS SON PARA VALENTES



Texto agasallo do escritor Pedro Feijoo para as bibliotecas escolares no día do libro.
Premendo na imaxe de abaixo podedes acceder a materiais e actividades das bibliotecas escolares.






RECITADO AO PÉ DA ESTATUA DE MANUEL MARÍA.


xoves, 21 de abril de 2016