venres, 5 de decembro de 2014

A extraordinaria viaxe de LUCIUS DUMB Os dereitos humanos o mellor instrumento. LITERATURA, CINE, MÚSICA PARA O DÍA DOS DEREITOS HUMANOS

Un grupo de científicos moi intelixentes, moi tolos e moi sabios, buscan un instrumento que axude a convertir aTerra nun planeta pacífico, feliz e luminoso. Como teñen a seguridade de que tal instrumento existe nalgunha parte, deciden que un deles saia na súa busca.O elexido é Lucius Dumb, un científico noviño, tímido e bondadoso.


No seu  camiño Lucius coñece ao Profesor e ao Comandante, un par de simpáticos extraterrestres que acaban de ter unha avería na súa nave e que necesitan unha fonte de enerxía positiva moi potente para recargar as súas  baterías.
Lucius e os seus novos amigos inician unha viaxe extraordinaria que ademáiss de mostrarnos historias maravillosas,  descúbrenos as diversas facetas dun fabuloso instrumento fácil de tocar, que sona mellor canto maior é o número de persoas dispostas a tocalo, un instrumento que fai feliz a quen  o toca e a quen o escoita e que nunca necesita ser afinado porque siempre soa ben: son Os Dereitos Humanos, o Mellor dos Instrumentos.


O que vimos de ler é o argumento do libro que recomendamos coincidindo coa celebración do día 10 de decembro: DÍA DOS DEREITOS HUMANOS. Libro de VARIOS AUTORESEditorial Luis Vives (Edelvives)


TRAILER DA PELÍCULA

A película "El extraordinario viaje de Lucius Dumb". Los Derechos Humanos, tu mejor instrumento é unha película de animación sobre los Dereitos Humanos dos Nenos e Nenas . Dirixida por Maite Ruiz de Austri, producida por Iñigo Silva coa dirección artística de Carlos Varela, María Terrazas e Tote Azkona. Música composta por Pedro Calero.


A CANCIÓN






E esta é a páxina web oficial con diversas actividades 


Ningún comentario:

Publicar un comentario