luns, 1 de decembro de 2014

PREPARANDO O NADAL

A coordinadora galega dos equipos de normalización e dinamización linguística  pon unha vez máis á disposición dos centros de ensino  un monográfico dedicado á temática do Nadalhttp://coordinadoraendl.org/nadal/index.php.  Esta páxina especial contén unha escolma de recursos e materiais elaborados por docentes, equipos de normalización lingüística, centros escolares, institucións e asociacións, tales como unidades didácticas, actividades en liña, manualidades, vilancicos, contos, o refraneiro, propostas de agasallos en galego, etc.  Agardamos que este contedor de recursos vos sexa de proveito nas aulas.





Ningún comentario:

Publicar un comentario