martes, 11 de febreiro de 2014

HISTORIA DE AMOR DE DONA INÉS


 Se hai unha historia de amor apaixoante é a da dama monfortina Inés de Castro e o seu  amado Pedro I de PortugaL, tamén coñecido como o Xusticieiro. É unha desas historias que ten todos os compoñentes 
das traxedias clásicas porque hai obstáculos insuperables, familias que se opoñen, guerras, 
mortes, enfermidades e vinganzas que impiden que os namorados poidan estar xuntos. 
Por todas estas causas son considerados o Romeo e Julieta de Portugal.

A nós interésanos porque foi  unha   muller da nosa comarca moi recoñecida e admirada da cal nos debemos sentir orgullosos .



   En Portugal Inés de Castro é unha heroína estudada nos colexios. Mostra delo é o blog que  foi criado con motivo do   Concurso Inês de Castro promovido polo Plan Nacional de Lectura Portugués e pola fundação Inês de Castro. http://dinesdecastro.blogs.sapo.pt/    que descubrimos buscando información sobre esta historia de amor. Alí tamén demos conta do libro de literatura infantil O amor de Pedro e Inés contado aos pequenotes que tentaremos mercalo para a biblioteca.
Seguiremos falando, lendo e investigando sobre Inés de Castro xa que  é a muller á que se lle vai adicar este ano o día da muller traballadora na comarca, segundo a iniciativa do colectivo LEMOS LE (bibliotecas e librerías) xunto co CIM(Centro de Información da Muller)


Ningún comentario:

Publicar un comentario