venres, 16 de novembro de 2012

Anuncia conta un conto de medo: A CASA DA MIÑA AVOA

 O pasado día 5  Anuncia  contou un conto de medo a todo o alumnado de 1º ciclo. O conto é A casa da miña avoa e dende que ela o narrou caracterizada de bruxa e con moitos bonecos  por ela fabricados este libro está tendo moito éxito.

Portada de A casa da miña avoa

 A profe Anuncia que o pasado curso se xubilou, segue vindo ao cole este curso. Ela  axuda a ler a nenas e nenos en pequenos grupos todos os luns e  xoves na biblioteca. 





Ningún comentario:

Publicar un comentario