domingo, 19 de abril de 2015
sábado, 18 de abril de 2015
DATAS SINALADAS NO MES DE ABRIL
Desde 1967, o 2 de abril, coincidindo coa data do
nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, o IBBY promove a
celebración do Día Internacional do Libro Infantil co fin de promocionar os bos
libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos.
Cada ano unha Sección Nacional ten a oportunidade de ser
a patrocinadora internacional do Día do Libro Infantil. Esa Sección elixe un
tema e selecciona a un autor ou autora importante do país co fin de que escriba
unha mensaxe para os nenos e nenas do mundo, e a un recoñecido ilustrador ou
ilustradora para que deseñe un cartel que se difunde en colexios, bibliotecas,
a través dos medios de comunicación, etc. Con este motivo organízanse
diferentes actividades de animación, encontros con escritores e ilustradores,
concursos e outras accións puntuais.
Nós adiantamos a súa celebración para o venres antes das vacacións de Semana Santa.
Falamos diferentes linguas e vimos de diferentes orixes, mais compartimos
as mesmas historias"
Historias internacionais… historias tradicionais
É a mesma historia que se nos conta a todos
En diferentes voces
En diferentes cores
Pero permanece inmutábel…
Comezo…
Argumento…
E fin…
É a mesma historia que todos sabemos e amamos
Todos a escoitamos
En diferentes versións de diferentes voces
Mais sempre é a mesma
Hai un heroe… unha princesa… e un vilán
Non importa a súa lingua, nin os seus nomes,
Nin as súas caras
É sempre o mesmo comezo,
Argumento
E fin
Sempre ese heroe… esa princesa e ese vilán
Inmutábeis durante séculos
Acompáñannos
Murmúrannos nos nosos soños
Arrólannos para durmir
As súas voces marcharon hai tempo
Pero viven nos nosos corazóns para sempre
Pois únennos nun mundo de misterio e imaxinación
Para que todas as culturas se fundan nunha única historia."
Escrito por: Marwa Al Aqroubi
Traducido ao galego por Antía Marante e Sabela González.
mércores, 25 de marzo de 2015
xoves, 19 de marzo de 2015
Educación Vial na nosa biblioteca
Xa temos na nosa biblioteca os novos libros dos Bolechas de Educación Vial, así como novos xogos de ordenador sobre este tema
martes, 17 de marzo de 2015
OBRADOIRO MULLERES DE LEMOS: MARÍA CASTAÑA.
É unha actividade feita en colaboración co CIM (Centro de Información da Muller ) de Monforte e o colectivo “Lemos le”. Este obradoiro ten como obxectivo promover a igualdade entre mulleres e homes desde pequeniños , e a protagonista na edición do 2015 é MARÍA CASTAÑA.
O curso pasado adicaramos a nosa investigación a INÉS DE CASTRO e o resultado pódese ver no fermoso libro Inés de Castro, unha muller para o 8 de marzo do que temos varios exemplares na biblioteca. Estes días nas aulas e na Hora de ler é a lectura conxunta recomendada.
Podemos ver máis información na páxina web do concello Un obradoiro para que os e as escolares coñezan a María Castaña .
Lucía Núñez Álvarez, sicóloga do CIM ten preparado unha MOI INTERESANTE PRESENTACIÓN que nos lembra o por que do 8 de marzo e a historia de MARÍA CASTAÑA. Sabemos que Xosé do concello ten tamén colaborado nas investigacións para darnos a coñecer esta muller loitadora orixinaria da nosa comarca.
Premendo na imaxe tamen podes acceder á presentación.
xoves, 12 de marzo de 2015
Preparando a visita de Magín Blanco
Pronto recibiremos a visita do cantante e compositor Magín Blanco, pero mentres, esperámolo ensaiando algunha das súas cancións.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)











