martes, 6 de febreiro de 2018

Presentación IES Río Cabe

Na tarde de onde, visitáronnos Manuel e Consuelo, director e orientadora do IES Río Cabe de Monforte de Lemos, para presentarlle o centro aos alumnos de 6º de Primaria



Empanada de mazá en 3º de Primaria

Onte pola tarde as familias de 3º de Primaria realizaron a xuntanza colectiva coa titora correspondente ao 2º trimestre. Para recibilos como se merecen, os seus fillos/as prepararon pola mañá unha deliciosa empanada de mazá.

luns, 5 de febreiro de 2018

Certame de poesía de Nadal do Concello de Monforte



Nahum, Sara, Nerea e Valentina acudiron á biblioteca municipal para recoller os seus diplomas e agasallos por resultar gañadores no Certame de Poesía de Nadal organizado polo Concello de Monforte de Lemos.





Contacontos Anaya - Iago López

Este luns 5 de febreiro de marzo, pola xentileza da Editorial Anaya, tivemos un contacontos na biblioteca a cargo de Iago López.












venres, 2 de febreiro de 2018

Bombeiros en Infantil

Hoxe veu MAR DOMÍNGUEZ, a xefa de Bombeiros  Monforte a facer entrega de DIPLOMAS ao noso alumnado. Á súa vez, nós tamén lle demos un montaxe fotográfico agradecendo o seu bo facer amosando o seu oficio ás nenas e aos nenos de infantil do noso cole.