luns, 5 de febreiro de 2018

Certame de poesía de Nadal do Concello de Monforte



Nahum, Sara, Nerea e Valentina acudiron á biblioteca municipal para recoller os seus diplomas e agasallos por resultar gañadores no Certame de Poesía de Nadal organizado polo Concello de Monforte de Lemos.





Contacontos Anaya - Iago López

Este luns 5 de febreiro de marzo, pola xentileza da Editorial Anaya, tivemos un contacontos na biblioteca a cargo de Iago López.












venres, 2 de febreiro de 2018

Bombeiros en Infantil

Hoxe veu MAR DOMÍNGUEZ, a xefa de Bombeiros  Monforte a facer entrega de DIPLOMAS ao noso alumnado. Á súa vez, nós tamén lle demos un montaxe fotográfico agradecendo o seu bo facer amosando o seu oficio ás nenas e aos nenos de infantil do noso cole.





mércores, 24 de xaneiro de 2018

Olería de Gundivós, Hostelería en Rosende e Convivencia colexio de Sober

Este martes 23 de xaneiro o alumnado de 1º visitaron o CEIP Virxe do Carme de Sober así como a olería de Gundivós e a escola de hostelería de Rosende.

Despois da visita, compartiron un xantar co alumnado de Sober, e realizamos un taller de ilustración na súa bilblioteca.