mércores, 24 de abril de 2013

23 DE ABRIL : ENCHEMOS O PATIO DE LECTURA IMAXES E VÍDEO



MADRIÑAS E PADRIÑOS LECTORES
   
EXPOSICIÓN E LECTURAS 





               VÍDEO

              

23 DE ABRIL PARA LER E ILUSTRAR CON PABLO PÉREZ ÁLVAREZ



Fantástico e  estupendo foi o obradoiro que impartiu o mestre Pablo Perez. Nenas e nenos de Infantil 5 anos e 1º ciclo así como as súas mestras temos que agradecer os seus trucos e técnicas para facer doado debuxar. 


                      


 



DÍA MUNDIAL DO LIBRO: CINE, AMIZADE, LECTURAS.

>

domingo, 21 de abril de 2013

Abril mes dos libros





ABRIL MES DOS LIBROS
ACTIVIDADES PROGRAMADAS 2013

*      DO 3 AO 12 DE ABRIL: Exposición fotográfica
Igualdade para o desenvolvemento: SE A MULLER AVANZA,O MUNDO TAMÉN
No vestíbulo do colexio (cedida pola concellería da Igualdade)


*      2 DE ABRIL: DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL 
PPoema e cartel
 ver enlace  

*      8 DE ABRIL: DÍA DO POBO XITANO
·         Exposición : Xitanos na pintura.
·         Charlas-debate nas aulas
 
*      23 DE ABRIL: DÍA MUNDIAL DO LIBRO  
Máis información e enlaces dende Bibliotecas Escolares aquí

día do libro

Enchemos o patio de lectura con:
·         Madriñas e Padriños Lectores
(Maiores contan e amosan un libro a un afillado de infantil nun lugar determinado do patio. Seleccionan e preparan libros na semana previa)
·         Exposición e lectura de libros relacionados coa  PINTURA e de álbumes ilustrados    (pódense traer da casa a semana antes para ler e compartir na aula na hora de ler)
                    Se fixese mal tempo esta actividade pasaríase ao venres bo máis próximo.

*      ENCONTROS NA BIBLIOTECA 23 ÁS 5
·         Celebramos o día do libro coa proxección de curtametraxes  café , pastas e …
·        Invitamos aos clubs de lectura, ANPA, Consello Escolar,  profesorado, persoal non docente e colectivo de xubiladas.


*      Obradoiro PARA LER E ILUSTRAR: Nin koalas nin ornitorrincos
       Co autor  PABLO PÉREZ ÁLVAREZ            Para 1º ciclo           Semana do 23

*      Creación artística e literaria: Faremos unha historia con ilustración individual e un LIBRO  COLECTIVO POR AULA . Lembrade que hai premio e diploma por aula. Puntúa na avaliación final. (Hai documentos anexos)


*      Contacontos e KAMISHIBAI: Actividade oral  para as clases ou persoas que así o decidan con vistas ao mes das Letras Galegas. Vale individual, grupo pequeno ou de toda a clase ou curso. Anotarse  durante este mes .


*      CINE DENDE A BIBLIOTECA  Proxección das  curtametraxes:
·        “LA ESTRELLA ALCANZAR “  Unha historia de amistad y lecturas
·         “OS CONTOS DO CAMIÑO”   Adaptacións de libros
 (Data a determinar, carteis  e documentos anexos)

*      26 DE ABRIL: QONTOS EN MOVEMENTO
ACHEGAMENTO DO CINE ÁS AULAS . Obradoiro de animación ao emprego dos medios audiovisuais dirixido ao alumnado de 5º e 6º
10:05 -> 5º    11:30 ->6ºB    15:15->6ºA

*      TRABALLO DOCUMENTAL : MIRAMOS UN CADRO
De cara a finais de curso     Para todas as aulas    Facilitarase esquema

*      Animación lectora Santillana e Kalandraka  a determinar

*      A mestra cóntame: O soño de Matías  LEO LIONNI  KALANDRAKA 

*      AGASALLO DE MARCAPÁXINAS


                                                                                                      Comisión da biblioteca 


Abril mes dos libros -2013 

venres, 22 de marzo de 2013

KAMISHIBAI Contín Contón



KAMISHIBAI é unha palabra xaponesa que siñifica “Teatro de papel” e é unha forma moi  popular, dende hai varios séculos, de contar contos en Xapón.
O KAMISHIBAI exerce unha irresistible fascinación sobre a audiencia infantil. As súas características e a forma de presentalo, axudan a conseguir un efecto máxico e de concentración en torno ao conto moito máis fácilmente que con outras técnicas narrativas. 

http://www.sieteleguas.es/kamishibai

 Contín contón é un CONTO KAMISHIBAI feito a partires do libro do mesmo título de Edicións Embora, Colección “Fardel dos soños” Ferrol, 2009.O autor é Antón Cortizas e o ilustrador  Leandro Lamas.

Preparouse na aula de Atención Educativa de 2ºB sendo representado por primeira vez no mes marzo de 2013 dentro das actividades programadas para celebrar o día do teatro.   









 É un conto con debuxos de  moita cor e que trata de forma amable e xoguetona unha historia de animais.A idea deste conto partiu de Aroa e Xiana  que descubriron o conto na biblioteca e gustoulles moito. Despois decidimos adaptalo para facer un kamishibai entre todos.





O kamishibai representouse en varias ocasións e de distintas formas: Na biblioteca e cos protagonistas ocultos, nas aulas e cos actores sentados e á vista ou tamén de pé. Tanto diante dos maiores como dos pequenos a atención e os aplausos finais sempre se repetiron.

Para ver máis imaxes preme na palabra  fotos 

Ao final  da representación oculta xógase a adiviñar quen é quen. Preséntanse outros libros do autor, do ilustrador e título e compositor da música que acompaña.


CLUB DE LECTURA: Visita de Abraham Carreiro

O escritor e ilustrador Abraham Carreiro visitounos neste mes de Marzo, os nenos do club de lectura disfrutaron coa súa presencia e cos seus debuxos. Tamén poideron resolver tódalas dúbidas que tiñan respecto ao libro de Xoeliki, que leron para o club de lectura GANDULÉS.







Esta visita foi o 11 de Marzo, e a reunión do club de lectura celebrouse o 22 de Marzo. Aqui tedes unhas fotos de dita reunión. Os cativos quedaron encantados coa lectura deste libro, e de feito eleximos para o terceiro trimestre outro da mesma saga, "XOELIKI: As aventuras dun ciberpirata, O Grande Apagamento"





A ÁRBORE DAS PALABRAS CON MERCEDES DE CABO DE VILA

DESCUBRINDO UNHA NOVA CONTACONTOS E A MAXIA DAS PALABRAS E A POESÍA MERCEDES DE CABO DE VILA É O NOME ARTÍSTICO DE MERCE, A XEFA DE ESTUDOS E MEMBRO DA COMISIÓN DA BIBLIOTECA. ELA PRESENTOU O CONTO "A ÁRBORE DAS PALABRAS" ANTE O ALUMNADO DO COLEXIO
ELA VÉN DE REMATAR UN CURSO PARA MESTRES DE TÉCNICAS DE CONTACONTOS IMPARTIDO POR TERESA GRAU.