martes, 6 de novembro de 2012
domingo, 4 de novembro de 2012
DÍA DA BIBLIOTECA
BIBLIOAXUDANTES POLAS AULAS
Contaron contos, presentaron novidades e entregaron agasallos
O equipo de biblioaxudantes quedou moi satisfeito desta actividade na que tiveron que demostrar as súas cualidades como comunicadores. Sorprendeu o gran silencio e atención que prestaron as nenas e nenos de todas as idades. Grazas tamén ao profesorado pola colaboración. Pódense ver máis imaxes no vídeo.
FORMACIÓN DE USUARIOS
A CDU, servizos e usos das distintas zonas da biblioteca
Iniciamos as distintas sesións de formación de usuarios da biblioteca co vídeo que enlazamos e que
foi rodado en centros do Plan de mellora de bibliotecas escolares de diferentes recunchos de Galicia, co gallo do Congreso Bibliotecas Escolares en Tránsito, celebrado en Compostela os días 10, 11 e 12 de novembro, organizado pola Consellería de Educación en colaboración co Ministerio de Educación.
As imaxes exemplifican a distribución de espazos nas novas bibliotecas, e algunhas das actividades que o alumnado realiza nelas día tras día.
As imaxes exemplifican a distribución de espazos nas novas bibliotecas, e algunhas das actividades que o alumnado realiza nelas día tras día.
Coa proxección do vídeo puidemos comprobar a calidade do novo equipo de son que acabamos de mercar
Exposición no patio, encontros das familias e encontros das bibliotecarias da comarca foron outras das actividades do 24 de outubro día da biblioteca.
O AGASALLO
Estas son as tres portadas do libriño co que se obsequiou a todas as familias para que así conserven para sempre o texto que Olga Novo adicou á nosa biblioteca. Foron feitas por Felipe, Antía e Aurora de 6º.
domingo, 28 de outubro de 2012
2012 ANO DO ESCRITOR GALEGO CELSO EMILIO FERREIRO
Celebramos:
- Centenario do seu nacemento
- 50 anos da publicación de Longa noite de pedra
- Utilizamos o libro: «O meu primeiro Celso Emilio»: un fermoso libro para poñer un clásico ao alcance dos máis pequenos.
sábado, 27 de outubro de 2012
O CADRO DA SEMANA
Xa dende principios de curso estamos levando a cabo a actividade de O CADRO DA SEMANA. Consiste en averiguar datos sobre o cadro que cada martes aparece no taboleiro do patio interior. A temática do cadro ten que ver coas datas nas que estamos vendimas, outono..O cadro pode ser identificado por calquera alumna ou alumno do colexio. Hai un rexistro de adiviñadores e de clases con máis acertos.Facilítase unha ficha que ten que ser entregada á profe Sara na biblioteca. Esta actividade forma parte do proxecto interdisciplinar que este curso pretendemos desenvolver e que chamamos "Érase unha vez un cadro"
PRÉSTAMO EN INFANTIL:LIBROS QUE VAN E VEÑEN E BIBLIOFICHAS
HORA DE LER CHEGAN AS MALETAS
O día 1 de outubro chegaron ao cole as maletas viaxeiras da Fundación Germán Sánchez Ruipérez de Salamanca. Trátase do programa" Lecturas de ida y vuelta"
Neste curso temos as seguintes coleccións ata o 16 de novembro
Con ton y son (2º ciclo)
De aquí y de allí ( 3º ciclo)
Qué te cuentas ( Infantil e 1º ciclo)
|
| De cada maleta facemos 3 |
| As maletas chegan á biblioteca |
| Nas aulas lemos e intercambiamos as maletas. |
mércores, 24 de outubro de 2012
EMPEZAMOS ESTE CURSO LEMBRANDO O FINAL DO PASADO
Andamos estes primeiros días do curso 2012-2013 ocupados en distintas tarefas que nos impediron actualizar este blog. Para empezar lembremos con imaxes o acto final das actividades da biblioteca no mes de xuño
.
.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
