Amosando publicacións coa etiqueta investigación. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta investigación. Amosar todas as publicacións

xoves, 5 de febreiro de 2015

COMEZAN AS CELEBRACIÓNS DO ENTROIDO: CARTEL E RECURSOS


O cine é o motivo que vai acompañar todas as celebracións do entroido. Para elaborar disfraces, compadres, comadres e os mandatos do meco necesitamos investigar, documentarnos sobre distintos actores, xéneros cinematográficos, vestiarios, historia... Así estamos investigando, aprendendo e divertíndonos. 





Novos materiais e recursos relacionados coa celebración do Entroido que a Secretaría Xeral de Política Lingüística pon a disposición dos centross educativos. 

http://www.xunta.es/linguagalega/entroido_2015


mércores, 19 de marzo de 2014

INVESTIGACIÓN EN FAMILIA: Quen cociña na túa casa?


Educación pola Igualdade. PDI: Cociñando e contando…contos
Quen cociña na túa casa?
Coincidindo co día da muller e dentro das iniciativas   para unha educación pola igualdade entre homes e mulleres; estes días está chegando  ás casas unha enquisa coa que pretendemos facer un estudo sobre os hábitos das familias do noso alumnado con respecto a este traballo diario tradicionalmente realizado pola muller. As enquisas son anónimas. Este traballo de investigación é responsabilidade dos Equipos de Biblioaxudantes do CEIP A GÁNDARA. Encarganse da distribución das enquisas, a recollida, reconto e conclusións. 
Pedimos colaboración. Publicaremos as conclusións.

Fai clic para descargar a enquisa