O 24 de outubro é unha data sinalada como Día da Biblioteca no Calendario do Libro e da Lectura que todos os anos vén publicando a Xunta de Galicia, e está salientado nas axendas de todos cantos traballan a prol das bibliotecas, o libro e a lectura, desde que hai máis de vinte anos a Asociación Española de Amigos do Libro Infantil y Juvenil propuxera a celebración deste día. Na actualidade, o Ministerio de Cultura edita todos os anos uncartel conmemorativo e un pregón, e propón actividades para a súa celebración, entre outros, a través do Observatorio de la Lectura y el Libro.
No día de hoxe abriremos ao público a nosa nova biblioteca escolar, recentemente renovada para que todos aqueles que o desexen poidan vir a gozar da lectura nas novas de zonas de descanso.
Ningún comentario:
Publicar un comentario