Nas seguintes ligazóns podemos ver o resume das respostas ás enquisas que se fixeron dende a biblioteca. Agora convén analisar datos, opinións, críticas ou suxerencias e sacar conclusións.
RESUME RESPOSTAS AO CUESTIONARIO DO ALUMNADO
RESULTADO CUESTIONARIO PROFESORADO
martes, 23 de xuño de 2015
luns, 22 de xuño de 2015
QUE LEMOS NAS VACACIÓNS? RECOMENDACIÓNS PARA TODAS AS IDADES
ENTREGA PREMIOS DA BIBLIOTECA E OUTROS ACTOS DE FIN DE CURSO
sábado, 20 de xuño de 2015
1º PREMIO DO II CERTAME DE FOTOGRAFÍA EN FAMILIA: ESTE ANO CARTEL DE PELÍCULA.
xoves, 18 de xuño de 2015
PROXECTO CINE: OS CANS NO CINE
Os alumnos e alumnas de 3 anos realizaron ao longo do curso unha investigación sobre os cans no cine. Aquí tedes o resultado!!!
mércores, 17 de xuño de 2015
xoves, 4 de xuño de 2015
martes, 2 de xuño de 2015
RUTA LITERARIA LOIS PEREIRO E EXPOSICIÓN: 17 OLLADAS ÁS LETRAS E TERRAS DE LEMOS
O pasado martes 29 de maio foi o día adicado por membros do colectivo Lemos Le (do que a nosa biblioteca forma parte) a facer, coma todos os anos a ruta literaria e gastronómica. A ruta partiu da Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro tras realizar a visita guiada á interesantísima Exposición 17 0lladas. Os participantes foron recorrendo lugares que marcaron as distintas etapas da vida do autor monfortino Lois Pereiro. Rematouse a actividade coa visita a algún dos bares participantes no certame Cume Tapas.
" A EXPOSICIÓN permite facer un percorrido literario pola Terra de Lemos dende a época medieval ata a actualidade a través do achegamento a dezasete escritores e escritoras vinculados á comarca de Lemos pola temática dalgúns dos seus textos ou as máis das veces por aspectos biográficos.
Deste modo a mostra permite achegarse a escritores da época medieval (Pero de Veer) dos Séculos Escuros (Bacharel Olea), do Rexurdimento (Manuel Yáñez González) e do século XX (Joaquín Arias Sanjurjo, Roberto Martínez Andrade, Antón Patiño Regueira, Maruxa Fernández, Manuel María, Lois Diéguez, Xosé Lois García, Lois Pereiro, Sabela Rodríguez Oxea, Xavier Quiroga e Olga Novo). Tamén se inclúen na exposición achegas a colectivos que recompilaron literatura popular como o caso dos Estraloxos de Vilar de Ortelle no Concello de Pantón ou o Trícole e O Colado do Vento no Concello de Sober.
Deste modo a mostra permite achegarse a escritores da época medieval (Pero de Veer) dos Séculos Escuros (Bacharel Olea), do Rexurdimento (Manuel Yáñez González) e do século XX (Joaquín Arias Sanjurjo, Roberto Martínez Andrade, Antón Patiño Regueira, Maruxa Fernández, Manuel María, Lois Diéguez, Xosé Lois García, Lois Pereiro, Sabela Rodríguez Oxea, Xavier Quiroga e Olga Novo). Tamén se inclúen na exposición achegas a colectivos que recompilaron literatura popular como o caso dos Estraloxos de Vilar de Ortelle no Concello de Pantón ou o Trícole e O Colado do Vento no Concello de Sober.
A mostra en definitiva permite achegarse á literatura galega vinculada á Terra de Lemos dende a idade media ata a actualidade e coñecer a dezasete figuras relacionadas con ela, pero ao mesmo tempo tamén ofrece unha ollada xeral á literatura galega dende a idade media ata a a actualidade e a algúns feitos históricos relevantes en Galicia tamén dende o período medieval ata a actualidade.
Por outra parte o protagonismo da Terra de Lemos na exposición reflíctese nunha parte dos 33 paneis que a compoñen en que se fan olladas breves a aspectos xeográficos, históricos e patrimoniais dos seis concellos da comarca: Bóveda, Monforte de Lemos, Pantón, A Pobra do Brollón, O Saviñao e Sober, acompañadas de magníficas fotografías de Jesús Rodríguez Montero.
Os escritores, escritoras e colectivos aos que se achega a exposición están vinculados, aos seis concellos da comarca.
Os textos da mostra foron recompilados por X. Martinez quen agradece a colaboración do persoal da Área de Cultura do Concello de Monforte de Lemos, das Bibliotecas Muncipais dos concellos da Terra de Lemos e do colectivo Lemos Le."
O colectivo das bibliotecas manifestou un gran interés polos documentos expostos, destacando a información e recompilación de material que aporta; e tentará levar a cabo un labor de difusión entre o alumnado e profesorado dos centros de ensino e población en xeral.
Recorte prensa " El Progreso" |
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)