martes, 28 de outubro de 2014

CEA DO COLECTIVO LEMOS LE PARA CELEBRAR O DÍA DAS BIBLIOTECAS E ENTREGA DOS PREMIOS DO CERTAME MULLERES DE LEMOS. INÉS DE CASTRO.

O colectivo Lemosle celebrou o día das Bibliotecas cunha cea na que se  fixo entrega dos galardóns do I CERTAME MULLERES DE LEMOS. Tamén se deu a coñecer a temática do segundo certame , que se lle adicará á figura de MARÍA CASTAÑA. O fermoso texto que OLGA NOVO preparou para  o evento clausurou o acto.

Na cea serviuse unha sobremesa adicada á lectura e que lembraba o certame adicado a Inés de Castro.
A xornalista Manola Porto foi a encargada da lectura da Acta do do Xurado do Certame  de Divulgación .

Os agasallos foron entregados polos alcaldes de Monforte, A Pobra de Brollón e Sober.
Os premiados na modalidade de cómic posan cós seus traballos :
 Víctor Domínguez Fernández,1º premio
Cristina Fernández Silvosa e María Armesto Luaces ,accésit



 Na modalidade de divulgación : 1º premio para Xosé Martínez Rodríguez, polo seu traballo :Pequena historia dunha raíña de Lemos"



O profesor Antón Vidal leu o texto que a escritora Olga Novo preparou para o evento.


Ningún comentario:

Publicar un comentario