martes, 20 de maio de 2014

ESTIVEMOS NOS MERCADOS DE MONFORTE










Coincidindo coa celebración do Día das Letras Galegas o  espazo do    Mercado de Letras e Flores acolleu  diversas actividades propostas polo colectivo "Lemos le" do que a nosa biblioteca forma parte.  O sábado día 17 no espazo no Mercado da Praza de Abastos actuaron:

Pola mañá Os Parentes e Antón Valcarce, combinando composicións musicais e lendas tradicionais da nosa comarca.




Ás cinco da tarde foi tempo para “Micrófono Aberto” coordinada por Mercedes Cabo de Vila. Moito público puido ver distintas formas de narración oral que facemos na  Biblioteca da Gándara. Alí estaban: a nosa casiña de chocolate, kamishibai, contacontos... 







  •   Ás seis e media da tarde presentouse a nova edición do libro “Monforte. Os seus monumentos, lendas e tradicións”. Este libro de Ricardo R. Vilariño de Barbeito, reeditado por Agrasar Editores, foi presentado por Margarita Rodríguez Otero e José Luis Martínez Montero. Trátase dunha publicación de finais do século XIX da que, ata agora, existían moi poucos exemplares.

Ningún comentario:

Publicar un comentario