Entre eses actos está o obradoiro PARAUGAS POLA IGUALDADE na que vén participando o alumnado de 5º do noso colexio.
Neste obradoiro, o alumnado deseñou e elaborou paraugas con slogans e debuxos relacionados coa temática da igualdade entre homes e mulleres e a non violencia contra as mulleres.
Estes slogans e debuxos son o resultado dun traballo previo que se levou a cabo durante tres sesións, de 90 minutos cada unha, ó largo do primeiro trimestre do curso nos seis centros de ensino de Monforte. Durante ese tempo os rapaces e rapazas documentáronse sobre os contidos a tratar (estereotipos de xénero, desigualdades sociais, laborais, educativas, etc) e plasmaron nun paraugas o resultado das súas impresións e aprendizaxes dende unha perspectiva crítica.
Todo o alumnado que participou neste obradoiro asistirá ó acto conmemorativo do ´”Día Internacional para a eliminación da violencia de xénero” que terá lugar o luns 25 de novembro, ás 12:00 h. na rúa Cardeal.
O martes 26 de novembro o alumnado de 5ºB en parellas e durante a HORA DE LER, presentará ante os compañeiras e compañeiros das distintas aulas de primaria un resumo da súa actividade e lerá un manifesto.
Recomendamos ao profesorado e alumnado que para lembrar esta data consulte neste mesmo blog as actividades desenvoltas en pasados cursos así como distintas suxerencias. Para iso lembrade que podedes facer clic na etiqueta 25 N que figura ao final desta páxina.
O sindicato steg tamén aporta unha chea de ideas PREME AQUÍ
Ningún comentario:
Publicar un comentario