LEMOS NA
BIBLIOTECA
Na
BIBLIOTECA escolar lemos,
porque é a casa dos libros de nenas e nenos.
Na
BIBLIOTECA escolar podemos consultar
ou
préstamos solicitar.
Na
BIBLIOTECA escolar lemos
informámonos
e aprendemos.
Na
BIBLIOTECA escolar
os
recursos do centro podemos atopar.
A
BIBLIOTECA escolar está viva,
acolle
actividades didácticas e recreativas.
A
BIBLIOTECA escolar é lugar de encontro,
a
ela podemos acceder sempre todos.
Na
BIBLIOTECA escolar están os fondos documentais rexistrados,
para
que a Comunidade Educativa poida utilizalos.
A
BIBLIOTECA escolar atende a cada nivel e sector,
dotando
de recursos para a súa formación.
A
BIBLIOTECA escolar é unha fiestra ao exterior,
que
integra as tecnoloxías de información e comunicación.
A
BIBLIOTECA escolar educa na responsabilidade,
ao
levar libros en préstamo témolos que coidar.
A
BIBLIOTECA escolar está ao servizo do proxecto educativo,
facilitando
o desenvolvemento do currículo.
A
BIBLIOTECA escolar nivela as desigualdades,
ao
por a disposición de todos, materiais de calidade.
A
BIBLIOTECA escolar serve á convivencia,
é
unha oportunidade para exercitar competencias.
TODAS
AS BIBLIOTECAS SON FONTES DE BENS CULTURAIS
AOS
QUE TODA A POBOACIÓN SE PODE SEMPRE ACHEGAR.
Anuncia Fernández (adaptación)
Esta é unha adaptación de Unha ducia de motivos da Asesoría de Bibliotecas Escolares coa que nos obsequia Anuncia no mes das Bibliotecas.
Moitas grazas dende aquí para ela. Leremos e divulgaremos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario