Sarita, a directora,a impulsora da renovación da biblioteca ademais de dinamizadora do centro.
Recoñecemento moi especial para Sarita " fada madriña de A Gándara" quen exerceu a súa profesión durante practicamente toda a súa vida profesional no seu queridísimo colexio de A Gándara. Para ela este fermoso poema que con tanto amor fixo Anuncia
DE ANUNCIA A SARITA
Atopeite nun colexio
Cando eramos estudiantes
Reencontreite nun colexio
Sendo as dúas ensinantes.
Trinta e tantos anos da vida,
Trinta e tantos anos son moitos,
Trinta e tantos anos de entrega,
De traballos e de esforzos.
Trinta e tantos son moitos anos,
Pero pasaron nun soplo
Ensinando os nosos nenos,
Os nenos dos nosos pobos.
Nos ollos hai moita luz,
Nos beizos, moita dulzura,
No corazón,agarimo,
Na persoa , fermosura.
Sempre te vin moi sorrinte,
Compracente, moi cercana,
Sempre cos brazos abertos
E coa alma na mirada.
Ninguén recela acercarchete
Cun problema , cunha traba,
Vai atopar acollida
E empeño por arranxala.
Na porta do teu despacho,
Sempre hai unha gran fila
Os nenos para acusarse
Veñen chamando a Sarita:
“Fulanito me pegó
Aquel me quitó los cromos
Este otro me insultó
Dice que tengo piojos.”
Os maiores para queixarse
Para buscar novas sendas
Para organizar traballos
Para encher ben a túa axenda
Para atopar solución
Para expoñer os problemas
País, nais, profesores,
Transportistas, concelleiros
Viaxantes, inspectores,
Contacontos, teatreiros…
Fada madriña da Gándara
Que sempre ten o bo toque
Coa súa variña máxica
Coa que todo se resolve.
Tantos eran os sentires
As tarefas, sentimentos…
Que o corazón dixo un día:
¡Para quieta, eu aquí quedo!
Pero agora ven o tempo
De darlle tranquilidade
Recortándolle tarefas
Recortandalle preocupacións
É a era das tesoiras
¡Recortalle por favor!
Verás como deixa a folga
Ese rebelde corazón.
Como autoridade competente
Do pobo de Vilaescura
Prohíboche formalmente
Calquer mal ou amargura.
Que hoxe sexa día alegre
Desterrada toda tristura
E comences unha etapa
Con ledicia, con dulzura.
E non te desligues da Gándara
Que, anque queda en boas mans.
Parece descabezada
Cando dices que te vas.
Que Deus che conserve a paz
A entereza, o don de xentes,
Afortaleza de ánimo
Que en ti sempre estivo presente.
Que con Maia e con Kea
E coa xente que te quere
Enchas de ledicia os días
Para agora e para sempre.
De parte de todos nós,
De toda a xente da Gándara
Nosos mellores desexos
E,por todo!moitas gracias!
|
Ningún comentario:
Publicar un comentario