Coincidindo coa data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen celébrase o día 2 de abril o Día Internacional do Libro Infantil co fin de promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos.
O Día do Libro é un acontecemento anual que se celebra o 23 de abril. A festa celebrase coa idea de fomentar a lectura, a edición e publicacións impresas e os dereitos de autor. Conmemorase a data do nacemento de Miguel de Cervantes Saavedra. A UNESCO decidiu celebrar conxuntamente o Día do Libro e dos Dereitos de Autor atendendo á casualidade de que a morte de Cervantes (o 23 de abril de 1616 se correspondía coa data do aniversario do nacemento e morte de William Shakespeare .
( Da galipedia)
Estas datas fan do mes de abril o mes dos libros para o que temos programadas as seguintes actividades:
ABRIL MES DOS LIBROS
LUNS 23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO
Enchemos o patio de lectura con:
· Madriñas e Padriños Lectores
(Maiores contan e amosan un libro a un afillado de infantil nun lugar determinado do patio. Seleccionan e preparan libros na semana previa)
· Exposición e lectura de libros relacionados coa MÚSICA (pódense traer da casa a semana antes para ler e compartir na aula na hora de ler)
Se fixese mal tempo esta actividade pasaríase ao venres bo máis próximo.
ENCONTRO NA BIBLIOTECA 23 ÁS 5
HOMENAXE A TRES MESTRAS
Celebramos o día do libro coas mestras exmembros da comisión da biblioteca. Invitamos aos clubs de lectura, ANPA e persoal non docente. Os presentes aportaremos: libros, discos, frases, cancións experiencias… que marcaron a nosa educación.
Animación lectora Santillana a determinar (Semana do 23)
Creación literaria: Como todos os anos faremos un LIBRIÑO INDIVIDUAL. Lembrade que hai premio e diploma por aula. Puntúa na avaliación final.
IDEAS PARA ESTE CURSO:
-Meterlle algo de música no argumento
-Unhas pizcas de superstición
Contacontos e Cantacontos : Actividade oral para as clases ou persoas que así o decidan con vistas ao mes das Letras Galegas. Vale individual, grupo pequeno ou de toda a clase ou curso. Anotarse durante este mes .
Charla LITERATURA E MÚSICA A poesía naceu para ser cantada (audiovisual data a determinar)
Andersen , Shakespeare e Quijote na biblioteca (libros e material multimedia)
Exposición no patio XITANOS FAMOSOS NA MÚSICA
LIBROS DE IDA E VOLTA (Fundación Germán Ruipérez de Salamanca)
Algúns recursos
Algúns recursos
ENLACES MOI INTERESANTES PARA TRABALLAR ESTE MES OS DOUS RECOMENDADOS POR JULIA DENDE A BIBLIOTECA MESTRES GOLDAR DE VIGO Á QUEN AGRADECEMOS .
El ingenioso Hidalgo Don Quijote de la Mancha Interactivo
http://quijote.bne.es/libro.html
LIBRO DE ACTIVIDADES SOBRE ANDERSEN
http://engalego.es/panel/alm/chs/bibliocole/lim_andersen/lim_andersen.html
OUTROS ENLACES RECOMENDABLES
Vídeo Bibliotecas escolares galegas
http://vimeo.com/32142408
CONSELLOS PARA QUE OS ESCOLARES ODIEN A LECTURA
http://infantiltremanes.wordpress.com/2012/02/18/para-odiar-la-lectura/
LIBRO DE ACTIVIDADES SOBRE ANDERSEN
http://engalego.es/panel/alm/chs/bibliocole/lim_andersen/lim_andersen.html
OUTROS ENLACES RECOMENDABLES
Vídeo Bibliotecas escolares galegas
http://vimeo.com/32142408
CONSELLOS PARA QUE OS ESCOLARES ODIEN A LECTURA
http://infantiltremanes.wordpress.com/2012/02/18/para-odiar-la-lectura/
Ningún comentario:
Publicar un comentario