martes, 24 de abril de 2018

Día do Libro 23 de Abril

Como cada ano para celebrar o Día do Libro enchemos o patio de lecturas. O alumnado de 1º 2º 3º e 4º disfrutaron de libros de Don Quijote no porche, mentras que o alumnado de 5º e 6º realizou a tradicional actividade de apadriñamento lector lendo contos ao alumnado de infantil








luns, 12 de marzo de 2018

Charla sobre Perigos de Internet


O alumnado de 5º e 6º recibiu hoxe unha charla na nosa biblioteca na que aprenderon acerca dos riscos de internet e as redes sociais. 
Esta actividade está enmarcado dentro do Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade dos Centros Educativos, que levamos desenvolvendo nos últimos anos.




8 de Marzo. Día Internacional da Muller

O 8 de marzo, Día Internacional da Muller, celebramos un acto no noso centro no que lembramos ás mulleres homenaxeadas no entroido. 

Mar Domínguez (Bombeira), Frida Kahlo (Pintora), a Maga Violeta (Maga), mulleres científicas, María de Villota (piloto), Wangari Maathai  (activista política e ecoloxista e máis Cristina Pato e Susana Seivane (gaiteiras) foron lembradas polo noso alumnado neste día.