Nunha fermosa colaboración entre os/as "aprendices lectores/as" de Primeiro e os/as "guías lectores/as" de Segundo, estase levando a cabo este proxecto cada dous xoves. Nesta actividade, os nenos e nenas máis pequenos visitan a clase dos máis maiores para ser axudados nas súas tarefas de lectura. Os "guías" deben tratalos con cariño e paciencia, e ir valorando cada día se o fixeron moi ben ou teñen que mellorar algunha cousa. Os "aprendices" tamén deben valorar se os nenos e nenas maiores foron amables e os trataron ben. Ata o de agora tivo éxito e seguiremos probando durante o primeiro trimestre.
venres, 5 de outubro de 2018
DÉIXATE DE CONTOS!! PROXECTO PARA PEQUENOS LECTORES
martes, 2 de outubro de 2018
Mago Deimi: a maxia está nos libros
O xoves 27 de setembro o mago Deimi visitou a biblioteca de Monforte de Lemos para contarlles aos nenos e nenas que se atopaban na mesma que “A maxia está nos libros”. Durante 60 minutos realizou números de maxia que deixaron aos rapaces coa boca aberta. A actividade tivo música, humor, sorpresa e conectou cun público encantado de participar nos distintos números que lles propuxo o artista.
26 de setembro - Día Europeo das linguas
O pasado 26 de setembro celebramos o día das linguas. O alumnado atopou na entrada unha caixa onde depositaron mensaxes en galego explicando "por que falan" que posteriormente será traducidos a varios idiomas.
luns, 17 de setembro de 2018
Radio Bule Bule
Esta mañá o alumnado de 3º de Primaria acudiu á casa da Cultura Lois Pereiro de Monforte de Lemos para presenciar o espectáculo musica de Paco Nogueiras "Radio Bule Bule".
Cantamos, bailamos e o pasamos xenial con esta actuación.
luns, 25 de xuño de 2018
xoves, 7 de xuño de 2018
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)













