domingo, 24 de novembro de 2013

MÁIS RECURSOS POLA IGUALDADE NO 25 N.

Queremos igualdade e que remate a violencia contra as mulleres.




Velaquí algunhas actividades e recursos desde as bibliotecas escolares galegas
Campaña da ONU: espazos seguros para mulleres e nenas.

Lembra estes libros




Tamén en vídeo



martes, 19 de novembro de 2013

EDUCACIÓN PARA A IGUALDADE. 25 de novembro. PARAUGAS POLA IGUALDADE.

 O  Centro de Información á Muller (CIM) ten programado unha amplia Variedade de actos para conmemorar o día 25 de novembro .

Entre eses actos está o obradoiro  PARAUGAS POLA IGUALDADE na que  vén participando o alumnado de 5º do noso colexio.  

Neste obradoiro, o alumnado deseñou e elaborou paraugas con slogans e debuxos relacionados coa temática da igualdade entre homes e mulleres e a non violencia contra as mulleres.

Estes slogans e debuxos son o resultado dun traballo previo que se levou a cabo durante tres sesións, de 90 minutos cada unha, ó largo do primeiro trimestre do curso nos seis centros de ensino de Monforte. Durante ese tempo os rapaces e rapazas documentáronse sobre os contidos a tratar (estereotipos de xénero, desigualdades sociais, laborais, educativas, etc) e plasmaron nun paraugas o resultado das súas impresións e aprendizaxes dende unha perspectiva crítica.
Todo o alumnado que participou neste obradoiro asistirá ó acto conmemorativo do ´”Día Internacional para a eliminación da violencia de xénero” que terá lugar o luns 25 de novembro, ás 12:00 h. na rúa Cardeal.




O martes 26 de novembro o alumnado de 5ºB en parellas e  durante a HORA DE LER,  presentará ante os compañeiras e compañeiros das distintas aulas de primaria un resumo da súa actividade e lerá un manifesto.



Recomendamos ao profesorado  e alumnado que  para lembrar esta data consulte neste mesmo blog as actividades desenvoltas en pasados cursos así como distintas suxerencias. Para iso lembrade que podedes facer clic na etiqueta  25 N que figura ao final desta páxina.

O  sindicato steg tamén  aporta unha chea de ideas PREME AQUÍ

domingo, 17 de novembro de 2013

QUERES DIVERTIRTE, APRENDER E EXPERIMENTAR COA CIENCIA? Proba nestes enlaces e vídeo

PÁXINA DO CSIC (CONSELLO SUPERIOR DE INVESTIGACIÓNS CIENTÍFICAS


CURIOSIKID


http://primariaexperimentos.blogspot.com.es/





LECTURAS CON CIENCIA


Universo Pitágoras de Rocío Leira Castro é un libro que se presenta (no prólogo) como enmeigado por un trasno matemático que o castiga porque a súa autora ten un erro á hora de facer unha complicada multiplicación. O maleficio consiste en desordenar os capítulos, de forma que será o propio lector o que ha de buscar a orde de lectura, en base á solución do xogo que lle propón a autora, ao final de cada capítulo. Polo tanto, debemos facer unha lectura activa. Un exemplo, despois de ler o primeiro capítulo, debemos acertar coa resposta á seguinte adiviña para saber por cal seguir:
"Un pan, outro pan.
Pan e medio e medio pan.
Cantos pans son?"
¡Está claro, non?
Vexamos outro, igual de doado:
"Que número ten tantas letras como o valor que el expresa?"
Non hai maneira de perderse, nin con trasno nen sen el.
De todas formas, esta non é a única relación coas matermáticas, Pitágoras e o seu universo está presente no argumento de cada un dos capítulos. De algo terá que servir que a súa autora sexa matemática...
O ilustrador, Xosé Tomás, enche de imaxes as páxinas, co estilo e o bo facer a que nos ten acostumados.