domingo, 11 de decembro de 2011
xoves, 8 de decembro de 2011
BASES DO CERTAME DE POESÍA
Certame Poesía Infantil Nadal 2011A Biblioteca Gándara Lemos do colexio A Gándara convoca o Certame de Poesía Infantil "Nadal 2011", de acordo coas seguintes Bases:
1. Pode participar todo o alumnado con poemas sobre o tema xenérico de "O NADAL"
2. Establécense catro categorías: A -->Infantil B --> 1º ciclo C-->2ºciclo D-->3º ciclo
3. Os poemas estarán escritos en galego e a súa extensión será como máximo un folio por unha sola cara. Serán descartados os traballos con fallos ortográficos, ilexibles ou deficiente presentación. Cada traballo, acompañarase dunha folla co nome e demais datos do autor ou autora.
4. O prazo de presentación de traballos rematará o 20 de decembro de 2011 debendo ser entregados na BIBLIOTECA.
5. Un xurado seleccionará por cada categoría un máximo de tres traballos. Os autores seleccionados recibirán cadanseu diploma e agasallo.
6. Todos os traballos presentados participarán na fase local do Certame convocado pola Biblioteca Pública Municipal.
7. O fallo do xurado farase público o día 21 .
RECURSOS PARA O NADAL
Moi interesante o especial nadal da Coordinadora de equipos de normalización e dinamización linguística: vídeos,cartas,cancións,panxoliñas,tarxetas,discos,libros,karaokes...
http://www.coordinadoraendl.org/nadal2011/recursos/index.php?ancho=1525&alto=857
http://www.coordinadoraendl.org/nadal2011/recursos/index.php?ancho=1525&alto=857
xoves, 1 de decembro de 2011
CONTOS POPULARES, VACAS, CANS E NARRADORAS SORPRENDENTES
Quintín do grupo Trícole non puido vir ao noso colexio como estaba previsto xa que a súa vaca púxose a parir no momento máis inoportuno. Pero non nos quedamos sen saber "o por que de que os cans se uliquen o cu cando se atopan" xa que a nosa xefa de estudos,Gloria tamén é unha boa coñecedora da tradición oral da nosa comarca grazas ao seu avó que foi quen lle contou unha versión dese simpático conto popular; por certo bastante distinta da do Quintín que tamén nola narrou.
Outra sorpresa no día: A SORTE DE ESCOITAR A TERESA GRAU a quen non coñeciamos, e que resultou ser ademaís de veciña dende hai un ano da nosa comarca e membro de Trícole, unha narradora profesional excelente. Foron catro sesións de contos e lendas populares de tradición oral de distintas partes do mundo:
Zeralda y el ogro (España) 1º ciclo.
La casita (Rusia) 2º ciclo.
El viejo y la muerte e Todo es para bien (India) El faro (Deserto) 3º ciclo.
Por qué el abeto, pino, y enebro no pierden las hojas e El león y el ratón (Francia) Infantil.
Ver enlace http://www.cuentacuentos.eu/narradores/miembros/espana/TeresaGrau.htm
xoves, 24 de novembro de 2011
25 de novembro
Para ver, escoitar e opinar
|
DÍA INTERNACIONAL
PARA ELIMINAR A VIOLENCIA CONTRA A MULLER |
Un vídeo: "Maltrato sutil"
Un anuncio curto contra a violencia machista
Un conto: El príncipe ceniciento
Unha historia para lembrar : "La escuela secreta de Nasreen"
Tres debuxos de alumnado de 5º e 6º que formaran parte dun calendario feito entre todos os colexios de Monforte a iniciativa da concellalía de Igualdade.
Agradecemos ao CEIP Andrade e ao blog Trafegando Ronseis algunhas destas propostas .
domingo, 20 de novembro de 2011
UN POUQUIÑO DE TRADICIÓN ORAL
Tres persoas do grupo Trícole virán proximamente á nosa biblioteca e contaran ese e outros contos de tradición oral.
O grupo O Trícole da asociación cultural O COLADO DO VENTO teno recollido nun libro xunto con outros relatos, lendas, crenzas, ditos, romances, cancións, refráns ...
http://coladodovento.blogspot.com
UN POQUIÑO MÁIS DE TRADICIÓN ORAL
Transmítese de pais a fillos, de xeración a xeración, chegando ata os nosos días, e ten como función primordial a de conservar os coñecementos ancestrais a través dos tempos.
Desde épocas remotas en que os seres humanos comezaron a comunicarse a través da fala, a oralidade foi fonte de trasmisión de coñecementos, ao ser o medio de comunicación máis rápido, fácil e utilizado.
Na actualidade en moitas culturas só aparecen recollidas nos mellores casos en libros, audios ou vídeos. Esta perda da tradición oral debeuse e débese principalmente ao grande influxo actual dos medios de comunicación, que en moitos casos fan diminuír a comunicación familiar e a transmisión da cultura tradicional, así como a novos cambios nos hábitos da vida onde as tecnoloxías son máis valoradas que as tradicións. (da galipedia )
Na lingua galega hai infinidade de ditos, recitados, cancións, etc. que acompañaron desde hai séculos as brincadeiras dos/as nenos/as ou as relacións entre os membros maiores da familia e os máis pequenos.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


