A Biblioteca Gándara Lemos do colexio A Gándara convoca o Certame de Poesía Infantil "Nadal 2011", de acordo coas seguintes Bases:
1.Pode participar todo o alumnado con poemas sobre o tema xenérico de "O NADAL"
2.Establécense catro categorías:A -->InfantilB --> 1º cicloC-->2ºcicloD-->3º ciclo
3.Os poemas estarán escritos en galego e a súa extensión será como máximo un folio por unha sola cara. Serán descartados os traballoscon fallos ortográficos, ilexibles ou deficientepresentación.Cada traballo, acompañarase dunha folla co nome e demais datos do autor ou autora.
4.O prazo de presentación de traballos rematará o 20de decembro de 2011 debendo ser entregados na BIBLIOTECA.
5.Un xuradoseleccionará por cada categoría un máximo de tres traballos. Os autores seleccionados recibirán cadanseu diploma e agasallo.
6.Todos os traballos presentados participarán na fase local do Certame convocado pola Biblioteca Pública Municipal.
Ningún comentario:
Publicar un comentario