sábado, 19 de novembro de 2011
xoves, 17 de novembro de 2011
SEMANA DA CIENCIA E HOSPITAL JULIÁN GARCÍA
| Traballos de aula |
| Etiquetando libros de ciencia |
A nai de Africa de educación Infantil facilítanos estes datos sobre o seu tío Julián García que como moi ben averiguastes é o que da nome ao hospital de Monforte. MOITAS GRAZA POLA COLABORACIÓN
http://www.iqb.es/historiamedicina/academia/garcia3.htm http://www.aniridia.es/resources/CV+Abreviado+Prof.+Dr.+Jul$C3$ADan+Garcia+S$C3$A1nchez.pdf El hecho de que el hospital lleve su nombre se debe a que es una persona de mucho renombre en el mundo de la oftalmología. Además, su padre (mi abuelo) fue el director de la Academia Balmes, lugar de enseñanza laica en la terrible dictadura. En la carta donde notificaban a mi tío el acuerdo unánime del pleno para poner su nombre al hospital se explicaba que era, en cierto modo, un homenaje a su brillante carrera y también a la memoria de mi abuelo. Hace unos años hubo una cena de exalumnos de la Academia Balmes. Casanova colgó fotos en su web. ando el enlace: http://www.jrcasan.com/balmes/2004.htm |
domingo, 13 de novembro de 2011
50 ANOS DE MEMORIAS DUN NENO LABREGO
| Ata as bonecas len Memorias...(comadres curso2010-11) |
| Fotos dos encontros de plambe do curso pasado. |
O 16 de novembro haberá unha nova cita cos espectáculos para adultos en Monforte de Lemos dentro da programación do segundo semestre de 2011 da Rede Galega de Teatros e Auditorios. Nesta ocasión a Compañía Abrapalabra Creacións Escénicas porá en escena no Edificio Multiusos ás 20:15h a obra Memorias das memorias dun neno labrego.
http://www.concellodemonforte.com/axendacultural.asp?id=2906
MÁIS INFORMACIÓN DO AUTOR A QUE NOS FACILITA A ASOCIACIÓN DE ESCRITORES ENLINGUA GALEGA
Obra
Xosé Neira Vilas
AUTOBIOGRAFÍA
SOCIO DE HONRA DA AELG. Letra E 1999 - Gres-Vila de Cruces
Xosé Neira Vilas naceu en novembro de 1928 en Gres (Vila de Cruces), Pontevedra. En 1949 emigra a Bos Aires, onde desempeña traballos diversos. Realiza estudos de comercio, música, xornalismo, literatura. Toma conciencia da identidade de Galicia en contacto, sobre todo, cos intelectuais do exilio: Luís Seoane, Rafael Dieste, Ramón Suárez Picallo, Lorenzo Varela, Ramón de Valenzuela. Desenvolve un intenso activismo cultural galego. Secretario Xeral das Mocidades Galeguistas e codirector do xornal Adiante. Participa na comisión organizadora do Primeiro Congreso da Emigración Galega. Casa en 1957 con Anisia Miranda, cubana. Xuntos fundan a organización libreiro-editorial "Follas Novas" para difundir o libro galego en América.
Publica en 1960 o poemario Desde lonxe e en 1961 a novela Memorias dun neno labrego. Nese mesmo ano, 1961, Neira e Anisia van residir a Cuba. Traballa na Administración e fai xornalismo literario. En 1969 funda a Sección Galega do Instituto de Literatura e Lingüística, que dirixiu durante vinte e dous anos. Desde 1983 ata que se xubilou, desempeñou o cargo de redactor-xefe da revista infantil Zunzún. Nos trinta e un anos que viviu en Cuba escribiu a maior parte da súa obra literaria. En Arxentina e en Cuba fixo investigacións sobre a presenza da emigración galega neses e noutros países de América, e deu a coñecer diversos libros ao redor do tema. Radicouse, con Anisia (escritora e xornalista) en Gres, na aldea natal, onde preside a Fundación Cultural Xosé Neira Vilas.
Foi investido Doutor Honoris Causa pola Universidade da Coruña. É membro numerario da Real Academia Galega. Premio da Crítica Española (narrativa) e Premio da Crítica Galega (ensaio). Fóronlle outorgadas as medallas Castelao, Pedrón de Honra e Celanova Casa dos Poetas. Parte da súa obra foi traducida a outras linguas.

[Febreiro, 2002]
WEBS SOBRE O AUTOR
venres, 11 de novembro de 2011
MAGOSTO OUTONO LITERATURA POPULAR MURAIS
Grazas á biblioteca Mestres Goldar podemos ler, aprender e disfrutar dunha amplia recompilación de adiviñas,refráns, lendas...
http://sites.google.com/site/outonomagosto/refrans-e-lendas
| traballos do outono |
luns, 7 de novembro de 2011
SEMANA DA CIENCIA
SEMANA DA
CIENCIA 2011
PROPOSTA DE ACTIVIDADES
|
ADICADO A MARIE CURIE E MARÍA WONENBOURGER
Lede información no globster do blog Xuvencos de Boborás e realizar as tarefas que se vos encomendan.
Libros de ciencias naturais e ciencias aplicadas na biblioteca. CDU
v Que números ?
v Qué colores?
v Qué materias?
v Colaboramos no etiquetado.
INVESTIGA : O HOSPITAL DE MONFORTE
Ø Cómo se chama?
Ø Por que lle puxeron ese nome?
Ø Cántos anos ten?
Ø Qué servizos ofrece?
Ø Cantas persoas traballan ?
Ø Que tipos de traballos hai nun hospital?
Ø Cantas camas?
Ø Por que é un servizo público?
Ø Por que está de actualidade?
O sabor das mazás: banda deseñada sobre alimentación
mércores, 2 de novembro de 2011
Videos do samaín vistos e escoitados na biblioteca
NA BIBLIOTECA CANISTREL DE CELANOVA ELABORARON UN MAGNÍFICO VIDEO SOBRE AS ORIXES DO SAMAÍN.
Videos feitos no Ceip Mestres Goldar e Mesía sobre a canción do grupo MAMÁ CABRA
O SAMAÍN
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)