Ata as bonecas len Memorias...(comadres curso2010-11) |
Fotos dos encontros de plambe do curso pasado. |
O 16 de novembro haberá unha nova cita cos espectáculos para adultos en Monforte de Lemos dentro da programación do segundo semestre de 2011 da Rede Galega de Teatros e Auditorios. Nesta ocasión a Compañía Abrapalabra Creacións Escénicas porá en escena no Edificio Multiusos ás 20:15h a obra Memorias das memorias dun neno labrego.
http://www.concellodemonforte.com/axendacultural.asp?id=2906
MÁIS INFORMACIÓN DO AUTOR A QUE NOS FACILITA A ASOCIACIÓN DE ESCRITORES ENLINGUA GALEGA
Obra
Xosé Neira Vilas
AUTOBIOGRAFÍA
SOCIO DE HONRA DA AELG. Letra E 1999 - Gres-Vila de Cruces
Xosé Neira Vilas naceu en novembro de 1928 en Gres (Vila de Cruces), Pontevedra. En 1949 emigra a Bos Aires, onde desempeña traballos diversos. Realiza estudos de comercio, música, xornalismo, literatura. Toma conciencia da identidade de Galicia en contacto, sobre todo, cos intelectuais do exilio: Luís Seoane, Rafael Dieste, Ramón Suárez Picallo, Lorenzo Varela, Ramón de Valenzuela. Desenvolve un intenso activismo cultural galego. Secretario Xeral das Mocidades Galeguistas e codirector do xornal Adiante. Participa na comisión organizadora do Primeiro Congreso da Emigración Galega. Casa en 1957 con Anisia Miranda, cubana. Xuntos fundan a organización libreiro-editorial "Follas Novas" para difundir o libro galego en América.
Publica en 1960 o poemario Desde lonxe e en 1961 a novela Memorias dun neno labrego. Nese mesmo ano, 1961, Neira e Anisia van residir a Cuba. Traballa na Administración e fai xornalismo literario. En 1969 funda a Sección Galega do Instituto de Literatura e Lingüística, que dirixiu durante vinte e dous anos. Desde 1983 ata que se xubilou, desempeñou o cargo de redactor-xefe da revista infantil Zunzún. Nos trinta e un anos que viviu en Cuba escribiu a maior parte da súa obra literaria. En Arxentina e en Cuba fixo investigacións sobre a presenza da emigración galega neses e noutros países de América, e deu a coñecer diversos libros ao redor do tema. Radicouse, con Anisia (escritora e xornalista) en Gres, na aldea natal, onde preside a Fundación Cultural Xosé Neira Vilas.
Foi investido Doutor Honoris Causa pola Universidade da Coruña. É membro numerario da Real Academia Galega. Premio da Crítica Española (narrativa) e Premio da Crítica Galega (ensaio). Fóronlle outorgadas as medallas Castelao, Pedrón de Honra e Celanova Casa dos Poetas. Parte da súa obra foi traducida a outras linguas.

[Febreiro, 2002]
WEBS SOBRE O AUTOR
Ningún comentario:
Publicar un comentario