sábado, 17 de xaneiro de 2015

FESTIVAL DE INVERNO E DE CINE

No pasado mes de decembro e pouco antes das vacacións de Nadal celebramos o clásico festival de inverno no edificio Multiusos. Resultou  un "auténtico festival de cine" no que cada curso foi interpretando diversas  cancións que representaban variadas e coñecidas películas de cine. Houbo tamén panxoliñas e unha orixinal presentación do acto que lembraba a entrega dos oscars de Hollywood. Este festival que foi preparado durante as semanas anteriores e que foi froito dun traballo de investigación relacionado co Proxecto Documental Integrado deste curso: CINEGÁNDARA recibiu eloxios por parte das familias e  público en xeral. Premede en FESTIVAL DE INVERNO 2014 para ver vídeos e máis información.




Ningún comentario:

Publicar un comentario