xoves, 13 de xuño de 2013

LEVAMOS OS NOSOS " KAMISHIBAIS" AO IES DAVIÑA REY

O grupo formado por: Aroa, Emilly e Xiana de 2º ; Candela, Cecilia, Raúl e as dúas Claudias de 4º  xunto con Noa de 5º  presentou   no Instituto Daviña Rey a experiencia levada a cabo este curso co Kamishibai a tarde do mércores ante o alumnado de1º e 2º da ESO. Quedamos altamente satisfeitos do trato recibido.  O profesorado manifestou a súa intención de devolvernos a visita o próximo curso xa que descubriron as múltiples  posibilidades que ofrece o kamishibai. Fomos obsequiados cunha merenda e un paseo polas súas instalacións, entre elas un estudo de gravación de televisión. O dito unha tarde xenial e moi divertida como se pode apreciar no vídeo.

Recorte do xornal " El Progreso"







Ningún comentario:

Publicar un comentario