Recibimos o ano novo con música xa que VIVA A MÚSICA é o título do proxecto interdisciplinar no que andamos este curso e un desexo: non perdamos a ilusión e o compromiso cos bos proxectos.
A música que acompaña ao vídeo é a Marcha Radetzky, unha composición orquestal de Johann Strauss (pai), escrita no ano 1848.
Foi composta en honor ao mariscal de campo austriaco conde Joseph Wenzel Radetzky. Actualmente, a Marcha Radetzky debe a súa popularidade a que é a peza coa que acaba o Concerto de Ano Novo de Viena. Durante esta última obra, a audiencia aplaude ao compás e o director vólvese para dirixir ao público en lugar de facelo á orquesta (Wikipedia)
Ningún comentario:
Publicar un comentario