mércores, 11 de marzo de 2020

Día Internacional da Lingua Materna

O día 21 de febreiro celebrouse o Día Internacional da Lingua Materna. No cole o equipo da biblioteca elaborou un mapamundi onde se poden identificar os países de procedencia das familias do noso alumnado.


O mapa é interactivo, ten luces que se acenden ao facer unha combinación de cables na parte traseira. Esta parte foi levada a cabo polo alumnado de 6º de primaria coa axuda do profe Rubén.

mércores, 26 de febreiro de 2020

Entroido 2020

O entroido chegou ao cole!! Este ano xirou ó redor do tema " O Tempo e o Clima", que é o noso proxecto educativo para este curso escolar.

Todo comezou o día 13 de febreiro co noso compadre o "Frade do tempo" e os nosos Cociñeiros e Cabaleiros de Educación Infantil. 
O compadre acadou o segundo premio no concurso organizado polo Concello e os compadriños levaron accésits.


 O xoves seguinte, o día 20 de febreiro tivemos no cole a nosa comadre "PRIMA...VERA" e as nosas comadriñas. 



 A comadre acadou de novo o segundo premio no concurso organizado polo Concello e as comadriñas levaron accésits.


Pero o noso entroido non acabou aquí, durante toda a semana seguimos as "Ordes do Meco". Pasámolo xenial!!

E por ultimo, o día 21 de febreiro chegou o tan esperado día, celebramos o Entroido no cole. Íamos todos moi guapos e os nosos disfraces quedaron moi ben, todos relacionados co proxecto do cole "O Tempo e o Clima".

Educación Infantil: Nubes e choiva.

1º Primaria: Trebón.


2º Primaria: Arco da Vella.

3º Primaria: Inverno


 4º Primaria: Verán.

 5º Primaria: Apicultores.

 6º Primaria: Abellas.



domingo, 2 de febreiro de 2020

Día Internacional da PAZ

Durante toda esta semana no cole fixemos un montón de actividades relacionadas co día da PAZ. 

Na entrada do centro colocamos un mural enorme no que participamos todos os nenos e nenas do cole unindo as nosas mans pola paz.
  
 Por outro lado durante toda a semana na biblioteca realizamos algunhas actividades como foron contacontos, representacións e vídeos.



Os nenos e nenas de 4º de primaria puxéronlle o toque doce a esta semana preparando unhas deliciosas galletas da PAZ que nos repartiron a todos e a todas. Estaban deliciosas!!!
Para finalizar esta gran semana pola PAZ, preparamos dúas fermosas cancións. Por un lado cantamos " We are the world" desta maneira tan bonita:
E por outro lado, cantamos e bailamos " De festa" de Uxía Lambona e a Banda Molona. Nesta ocasión tamén fixemos en lingua de signos parte da canción.

Por último... fixemos unha solta simbólica con globos e desfrutamos con eles no patio. Que ben o pasamos!!!

sábado, 4 de xaneiro de 2020

Festival de Nadal 2019

O pasado 20 de decembro celebramos no cole o FESTIVAL DE NADAL!! Pasámolo xenial e desfrutamos moito todos xuntos: cantando, bailando e tocando a frauta. Para que vexades que artistas somos, deixámosvos as nosas actuación para que as desfrutedes tanto coma nos! 

Felices festas e feliz ano a todos!

Educación Infantil: Na casa da miña avoa.



1º Educación Primaria: Volver a casa por Nadal.


2º Educación Primaria: Polo Nadal, turrón e mazapán.


3º Educación Primaria: En Navidad.



4º Educación Primaria: 


5º Educación Primaria: O Alele.



6º Educación Primaria: Jingle Bells.




6º Educación Primaria:

 

luns, 25 de novembro de 2019

Día Internacional contra a Violencia de Xénero


Hoxe é o Día Internacional contra a Violencia de Xénero e os alumnos e alumnas de 6º de primaria fomos á concentración celebrada fronte ao concello, onde houbo diferentes actos.

Por un lado, escoitamos nas voces dos alumnos e alumnas do Río Cabe unha versión da canción "Bella Ciao".
A continuación fixemos unha cadea humana ao redor das dúas beiras do río Cabe, unindo a ponte vella e a nova. Ao mesmo tempo, dous piragüistas do "Club Quixós" desprazaron entre as dúas pontes unhas letras brancas onde se lía MONFORTE EN NEGRO.

Día Universal dos Dereitos da Infancia.

O día 20 de novembro no noso cole celebramos o Día Universal dos Dereitos da Infancia. 

O alumnado de 6º de infantil (5 anos) cantáronnos unha canción e seguidamente os nenos nombraron  dez dereitos fundamentais da infancia.





Magosto 2019

O martes 19, celebramos no cole o MAGOSTO, que este ano polo tempo non puido ser no patio do cole. Aínda así o tempo non foi capaz de que deixáramos de pasalo xenial!!!
Primeiro os nenos de infantil fixemos xogos tradicionais no pavillón. Que ben o pasamos!!
 E pola tarde tocounos aos maiores que xogamos por quendas a seis xogos tradicionais:

A CORDA
O PANO
OS AROS MUSICAIS

O BRILÉ


O TIRASOGA
O TÚNEL POR RELEVOS
E despois de tanto xogar e pasalo super ben, chegou a hora de desfrutar dun chocolate quente boísimo con biscoitos e castañas.

Que rico estaba todo!!