martes, 29 de setembro de 2015

BIBLIOTECA ESCOLAR , BASE DE EXPLORACIÓNS

"Biblioteca escolar, base de exploracións" é o lema elixido este curso 2015/2016 para o cartel da campaña anual de bibliotecas escolares da  Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. O autor  é o  ilustrador e autor de banda deseñada FRAN BUENO.  Pronto poderemos ver este cartel nos taboleiros do noso colexio.


O lema "Biblioteca escolar, base de exploracións" chama a traballar coa información, a mirar fóra, a facerse preguntas e pescudar posibles respostas, a interesarse polo outro, polo diferente, polo alleo; a estudar xeografías e inventar rutas para novas aventuras; a coñecer as viaxes que fixeron os grandes exploradores e aquelas outras que, cada día, bota ao camiño a milleiros de persoas na procura dun mundo máis xusto. Convida a explorar o mundo e a compartir o aprendido. 

+ INFORMACIÓN

BENVIDA AO NOVO CURSO. DOCUMENTOS


Saúdos a todas as persoas que forman parte da comunidade escolar. 
Comezamos este curso con novos proxectos e algúns pequenos cambios na organización e funcionamento. 
Xa vos iremos contando. 
Damos a coñecer os documentos que nos serven de guía .



martes, 23 de xuño de 2015

RESPOSTAS DE ALUMNADO E PROFESORADO AOS CUESTIONARIOS SOBRE A BIBLIOTECA

Nas seguintes ligazóns podemos ver o resume das respostas ás enquisas que se fixeron dende a biblioteca. Agora convén analisar datos, opinións, críticas ou suxerencias e sacar conclusións.

RESUME RESPOSTAS AO CUESTIONARIO DO ALUMNADO

RESULTADO CUESTIONARIO PROFESORADO

luns, 22 de xuño de 2015

QUE LEMOS NAS VACACIÓNS? RECOMENDACIÓNS PARA TODAS AS IDADES







LIGAZÓNS MOI RECOMENDABLES:




http://editorialweeble.com/   LIBROS INFANTÍS PARA LER EN PANTALLA







ENTREGA PREMIOS DA BIBLIOTECA E OUTROS ACTOS DE FIN DE CURSO

venres 19


FADA MAXÍN PARA AS MELLORES HISTORIAS ILUSTRADAS
SUPERLEO PARA O ALUMNADO MÁIS LECTOR 


PREMIOS DE DEBUXO NO CHAN
     


O MARABILLOSO PÚBLICO 

 CERTAME DE FOTOGRAFÍA FAMILIAR 

O DEBUXO NO CHAN É UNHA DAS ACTIVIDADES QUE MÁIS GUSTAN

AO XURADO  FOILLE COMPLICADO ELEXIR
TEATRO DE PIRATAS PARA DESPEDIR O CURSO


sábado, 20 de xuño de 2015

1º PREMIO DO II CERTAME DE FOTOGRAFÍA EN FAMILIA: ESTE ANO CARTEL DE PELÍCULA.

 Noraboa para toda a familia !!





Todos os carteis estiveron expostos no porche do colexio durante o mes de xuño.

As irmás Africa e  Alicia cos agasallos que lles foron entregados o último día do colexio.

xoves, 18 de xuño de 2015

PROXECTO CINE: OS CANS NO CINE

Os alumnos e alumnas de 3 anos realizaron ao longo do curso unha investigación sobre os cans no cine. Aquí tedes o resultado!!!