mércores, 10 de maio de 2017

O Bardo Abelardo - Animación Lectora Consorcio Editorial - Letras Galegas ´17 Carlos Casares


Este curso, dentro das nosas propostas de animación á lectura, temos a sorte de contar con Servando Barreiro que nos vai a amosar a súa proposta didáctica a través de O Bardo Abelardo. 


Trátase dun músico e contador de historias ao estilo dos antigos bardos con unha ampla traxectoria dentro da animación infantil, da música tradicional e de autor. 


Os seus espectáculos combinan a nosa rica tradición cultural con historias máis actualizadas para sensibilizar aos máis novos coa música, a poesía e a defensa e coidado do medio a través dos contos e as cantigas. 

Este curso O Bardo Abelardo xunto ao seu repertorio de cantigas tradicionais tamén quere render homenaxe a Carlos Casares no ano no que se lle dedica o día das Letras Galegas 2017 con unha actividade que partindo dun percorrido audiovisual pola vida e obra do autor, segue con unha serie de contos con referencias expresas as obras infantiles mais coñecidas de Carlos Casares como “AS LARANXAS MAIS LARANXAS DE TÓDALAS LARANXAS” ou “A GALIÑA AZUL”. 



Así podremos escoitar por exemplo a historia de Leoncio , o inventor da bomba da Felicidade e outras historias mais, adaptadas para podelas contar e cantar acompañado da sua concertina.
































luns, 8 de maio de 2017

Os Maios ´17 - A Pirámide alimenticia

Seguindo co traballo do noso proxecto sobre a saúde, este ano participamos nos Maios coa elaboración dunha pirámide alimenticia. 



Navega con Rumbo no CEIP A Gándara

Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), en colaboración coa Xunta de Galicia, presenta o Plan Navega con Rumbo polo Ciberespazo, unha iniciativa encamiñada a que vós, @s escolares, naveguedes con tino pola Rede, é dicir, con seguridade, evitando o ciberacoso e outros riscos de Internet. A nosa intención é que te mentalices da necesidade de facer un uso responsable das novas tecnoloxías para poder espremerlles toda a substancia posible e adquirir boas experiencias e novos coñecementos.
A Internet é divertida e útil. Podes buscar información para realizar os teus traballos e tamén coñecer e comunicarte cunha chea de persoas ou divertirte xogando. É un mundo infindo que che ofrece moitas posibilidades. Sabemos que empregas o teu sentido común pero queremos botarche unha man. Atoparás algunhas recomendacións na Guía do Alumnado que farán máis segura a túa navegación polo ciberespazo. Hai un principio común a todas elas: non fagas en Internet nada do que non farías na túa vida real. 
A World Wide Web converteuse no maior medio de comunicación da historia da Humanidade, superando mesmo á radio e á televisión. A comunicación humana evolucionou nas últimas décadas como nunca o fixera. Tamén nos nosos fogares e nos centros educativos a Internet se converteu nunha ferramenta imprescindible coa que comunicármonos, educar e traballar.
A Internet representa un mundo de posibilidades para o lecer e a aprendizaxe pero tamén supón unha serie de riscos, como son os contidos inapropiados ou a facilidade de contacto con persoas que non son sempre o que semellan ou din ser. Pais, nais e profesores son esenciais para axudarche a emprender unha navegación responsable e útil, por iso tamén temos suxestións e consellos dirixidos aos maiores cos que te relacionas.
O Plan Navega con Rumbo polo Ciberespazo inclúe unha serie de guías dirixidas ao alumnado, ao profesorado e ás nais e pais, ademais desta web específica e un programa de visitas aos centros escolares onde colexiad@s do CPEIG expoñen aquelas recomendacións e consellos necesarios para navegar con rumbo polo ciberespazo.
Máis nada. Goza coa Internet e toma nota das nosas recomendacións.