Marce, o carteiro from bemilladoiro on Vimeo.
sábado, 25 de xaneiro de 2014
martes, 21 de xaneiro de 2014
COMEZAN OS ENSAIOS PARA O DÍA DA PAZ . CAMPÁS POLA PAZ EN LINGUA DE SIGNOS
Este ano estamos a ensaiar a canción "Campás pola paz". Pero unha parte da canción facémola en Lingua de Signos. Tamén engadimos pictogramas para que o alumnado máis cativo e con neae poida memorizala mellor.
Ánimo e a ensaiar!
Ánimo e a ensaiar!
A lingua de signos é un sistema de comunicación utilizado sobre todo entre os xordos e persoas con problemas auditivos
Campás pola paz é unha peza músical que forma parte do libro-disco PAN DE MILLOCLUB LECTURA ADULTOS 2ª REUNIÓN
![]() |
| Esta era a convocatoria |
Decidimos dispoñer de variados títulos dado que así hai máis posibilidade de elección e lectura.Moitos membros do club non poden asistir á reunión pero teñen interés nas lecturas. A próxima reunión será en torno ao día do libro.
luns, 13 de xaneiro de 2014
FOMENTO DA LECTURA: MOCHILAS VIAXEIRAS E LIBROS QUE VAN E VEÑEN
Dende o mes de outubro veñen ciculando polas casas das familias de todos os cursos de primaria e infantil as mochilas viaxeiras.
"Lecturas que van e veñen" en bolsas azuis que protexen os libros son as que semanalmente levan as nenas e nenos de infantil.
domingo, 12 de xaneiro de 2014
xoves, 9 de xaneiro de 2014
Libros electrónicos. NORMAS DE USO
Este curso no noso centro estamos tratando de levar a cabo o proxecto E-LBE cuxos obxectivos son:
• Introducir os dispositivos de lectura electrónica na biblioteca.
• Facilitar o acceso do alumnado a novas prácticas
lectoras, coa orientación do profesorado e nun contexto favorable á lectura.
• Coñecer distintas posibilidades de uso dentro do
contexto escolar.
• Valorar, xunto co profesorado, as mellores fórmulas
para a utilización dos libros electrónicos nas bibliotecas escolares.
Os 7 libros electrónicos de que dispoñemos foron prestados inicialmente ao profesorado do equipo da biblioteca e do 3º ciclo. Agora utilízanse en 6º: na Hora de Ler e Préstamo de fin de semana.
Temos feito un tríptico coas normas de uso e documento de Autorización de préstamo.
| Cargandoos na biblioteca. |
sábado, 21 de decembro de 2013
A CASIÑA, CONTO POPULAR RUSO
As mestras que estiveron asistindo durante este mes ao CURSO DE ANIMACIÓN Á LECTURA que Teresa Grau impartiu no noso colexio, demostraron ante o público de Infantil e 1º o moito que aprenderon . A actuación sorpresa que tivo lugar o venres xenerou moito interés tamén entre o público adulto. Gustou moito e foron moi aplaudidas.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)



