mércores, 11 de marzo de 2020

COGAMI


COGAMI é a Confederación Galega de persoas con Discapacidade. O día 6 tivemos a sorte de recibilos no cole. Os nenos e nenas de segundo a sexto de primaria fixemos varias actividades con eles.

Por un lado, puidemos manipular material de apoio que elaboran eles mesmos, moitas veces cunha impresora 3D, para facilitar a vida diaria das persoas.



Tamén nos puxemos no lugar das persoas con discapacidade visual e motora.

E por último fixemos un xogo onde seguimos aprendendo acerca da vida diaria das persoas con discapacidade e a maneira máis axeitada de poder axudalas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario