luns, 18 de maio de 2020

Día das Letras Galegas 2020

Onte celebrouse en Galicia o día das Letras Galegas. Este ano está dedicado a Ricardo Carvalho Calero, un filólogo e escritor galego.

Coma non podemos estar no cole e non podemos celebralo todos xuntos, deixámosvos un contacontos dun dos seus libros: "As pitas baixo a choiva" que nos deixa a profe Mercedes. Esperamos que desfrutedes del.


Tamén vos deixamos a lectura coas imaxes do libro "As pitas baixo a choiva".


luns, 27 de abril de 2020

Vídeo de 3º de primaria

Os nenos e nenas de 3º de primaria quérennos mandar moito ánimo con este fermoso vídeo.


xoves, 23 de abril de 2020

Blog de actividades para infantil

Hoxe desde o cole convidámosvos a que visitedes o novo blog de actividades para infantil. Nestes días están facendo moitas actividades para pasar ratiños moi divertidos e entretidos.

Podedes visitalo no seguinte enlace: https://gandaraquedanacasa.blogspot.com/

Animádevos, non vos ides arrepentir!!

Ánimo a todos e todas!!

Fai unhas semanas o persoal do cole quixemos animar a todos os nenos e nenas con este fermoso vídeo.
Esperamos que vos guste e que pasedes un bo rato.

Ánimo a todos e todas!!

xoves, 2 de abril de 2020

Día Mundial do Autismo


Hoxe, 2 de abril, celebramos o Día Mundial de Concienciación do Autismo. Este ano en plena crise da pandemia do coronavirus o lema é:

PODO APRENDER, PODO TRABALLAR

Espérase que a nosa sociedade lle facilite a todo o colectivo con este trastorno, as ferramentas necesarias para poder nun futuro ser o máis autónomos posibles e lograr así exercer un traballo remunerado.
Con motivo da celebración deste día, @s alumn@s da Gándara animáronse a aportar o seu gran de area para loitar por un mundo máis xusto e accesible para tod@s con estes maravillosos debuxos e fotografías. 



Anxo (4 anos)


Daniel e Luis (2º)



Iria (Profe de inglés)


Saúl (1º A)


Jaime (1º A)


Sara (3 anos)


Manuel (3º)


Diego (6ºB)


Noa (1º A)


Antón (5 anos) e Anxo (4º)


Edgar (1º A)


Lola (1º B) 


Antón (1º B)


Sabela (4º)


Ilduara (5º)


Martín (1ºB)


Manuel (5º)


Laura (1ºB)


Helena (1ºA)


Anxo (1ºA) y Lois (4 años)


Silvia (6º B)


Mía (1ºB)


Rodrigo (5º)


Borja (5º)

sábado, 28 de marzo de 2020

Todo vai saír ben!

Durante estes días estivemos todos e todas na casa e convertémonos en grandes artístas. Quixemos dar ánimos cuns fermosos debuxos que enviamos ao cole onde o lema principal e... TODO VAI SAÍR BEN!!

Queremos animarvos a todos e todas con eles, para facer a estancia nas nosas casas máis fácil e para que se nos faga máis curta.

ÁNIMO, PRONTO NOS VOLVEREMOS A VER!!

 Borja e Rodrigo Cota Pérez


 Nerea e Tiago Vázquez Guerra

 Alma Fernández Codesido


 Elva Fernández Álvarez


 Naiara Pérez Guerra


 Anxo e Antón Feáns Vázquez


Jaime e Antón López García


Edgar Castro Rodríguez


 Alejandro e Carla Álvarez Sánchez


Amaya e Pablo Morillo Camino


Valeria de Vicente Rodríguez


 Manuel e Sara Quiroga


 Julia e Lola Pérez Pérez


Noa Armesto Rodríguez


 Anxo e Lois Fernández


Carla Hermida Rodríguez


Ainhoa Castro Expósito


Daniel y Luis López Rivera


Efrén Rodríguez Rodríguez


Gabriel Elidio Guitián


Erik e Iker Vilariño Pasín

mércores, 11 de marzo de 2020

COGAMI


COGAMI é a Confederación Galega de persoas con Discapacidade. O día 6 tivemos a sorte de recibilos no cole. Os nenos e nenas de segundo a sexto de primaria fixemos varias actividades con eles.

Por un lado, puidemos manipular material de apoio que elaboran eles mesmos, moitas veces cunha impresora 3D, para facilitar a vida diaria das persoas.



Tamén nos puxemos no lugar das persoas con discapacidade visual e motora.

E por último fixemos un xogo onde seguimos aprendendo acerca da vida diaria das persoas con discapacidade e a maneira máis axeitada de poder axudalas.