domingo, 20 de octubre de 2013

MOTIVOS CON RIMA

LEMOS NA BIBLIOTECA


Na BIBLIOTECA escolar lemos,
porque  é a casa dos libros de nenas e nenos.

Na BIBLIOTECA escolar podemos consultar
ou préstamos solicitar.

Na BIBLIOTECA escolar lemos
informámonos e aprendemos.

Na BIBLIOTECA escolar
os recursos do centro podemos atopar.

A BIBLIOTECA escolar está viva,
acolle actividades didácticas e recreativas.

A BIBLIOTECA escolar é lugar de encontro,
a ela podemos acceder sempre todos.

Na BIBLIOTECA escolar están os fondos documentais rexistrados,
para que a Comunidade Educativa poida utilizalos.

A BIBLIOTECA escolar atende a cada nivel e sector,
dotando de recursos para a súa formación.

A BIBLIOTECA escolar é unha fiestra ao exterior,
que integra as tecnoloxías de información e comunicación.

A BIBLIOTECA escolar educa na responsabilidade,
ao levar libros en préstamo témolos que coidar.

A BIBLIOTECA escolar está ao servizo do proxecto educativo,
facilitando o desenvolvemento do currículo.

A BIBLIOTECA escolar nivela as desigualdades,
ao por a disposición de todos, materiais de calidade.

A BIBLIOTECA escolar serve á convivencia,
é unha oportunidade para exercitar competencias.

TODAS AS BIBLIOTECAS SON FONTES DE BENS CULTURAIS
AOS QUE TODA A POBOACIÓN SE PODE SEMPRE ACHEGAR.


Anuncia Fernández (adaptación)


Esta é unha adaptación de Unha ducia de motivos da Asesoría de Bibliotecas Escolares coa que nos obsequia  Anuncia no mes das Bibliotecas. 
Moitas grazas dende aquí para ela. Leremos e divulgaremos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario