viernes, 11 de octubre de 2013

BENVIDA AO NOVO CURSO

Levamos xa un mes  cun tan intenso traballo por parte do equipo da biblioteca para ter todo preparado para este novo curso que nin tempo nos dera de pasarnos polo blog. Temos elaborado  o noso PLAN ANUAL DE LECTURA. Empezamos  o préstamo coa colaboración dos novos equipos de biblioaxudantes. Ampliamos espazo dentro da biblioteca xa que agora todos os libros  de ITINERARIOS LECTORES  témolos no corredor. Estamos preparando mochilas viaxeiras para as familias. Comezamos a HORA DE LER e HORA DE BIBLIOTECA. Definimos o noso Proxecto Documental Integrado: Cociñando e contando...contos. Seguimos con LEMOS,LE o colectivo de bibliotecarias públicas e escolares xunto con libreiros.
Temos novas adquisicións, moitas ideas e ganas de facer cousas. Iremos informando. BO CURSO!


No hay comentarios:

Publicar un comentario