venres, 30 de xaneiro de 2015

DISCURSO FINAL DA PELÍCULA The Great Dictator DE CHARLES CHAPLIN

 O gran dictador  é a primeira Película falada de Charles Chaplin. 
É unha crítica ao goberno totalitario de Hitler, coñecido como o rexime nazi.
Ao final da  película, Chaplin sorprende cun manifiesto tremendamente emotivo onde expón o  terror da  guerra e o horrible que é para as persoas estar sometidas á figura dun  dictador.

xoves, 29 de xaneiro de 2015

30 de xaneiro: a Cultura de Paz nas bibliotecas escolares

Achegamos nestas visperas do día da Paz recursos e actividades programadas dende diversos colexios de Galicia a través do BLOG DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA


 Para coñecer un pouco mellor á paquistaní Malala Yousafzai, galardoada aos 17 anos co Premio Nobel da Paz, pola defensa do dereito á educación das mulleres recomendamos  a  visita do Blog da Biblioteca do CEIP de Andrade-Pontedeume: "SOÑOS DE ANDEL" ou acceder directamente premendo nas imaxes. 

http://biblioandrade.blogspot.com.es/2015/01/paz-2015.html



PREZI SOBRE MALALA



RECOMENDACIÓN LECTORA.

mércores, 28 de xaneiro de 2015

NORABOA PARA OS PREMIADOS NA BIBLOTECA PÚBLICA MUNICIPAL.


A maioría dos premios do certame municipal de poesía de Nadal foi para o noso alumnado.


Heidi, Arturo, Lucía, Isis e Talía posan coa concelleira e o resto dos premiados.

Mais información AQUÍ

martes, 27 de xaneiro de 2015

"Eu teño alguén",a canción de María Fumaça que cantaremos xuntos o día da Paz.










Aproveitamos para recomendar os dous libros discos que esta "familia musical" ten xa publicado.


    

Cantar e bailar para ser máis feliz!

María Fumaça é un proxecto musical de celebración da vida. Ducias de artistas cantando a alegría de vivir. Uxía, Sérgio Tannus, Magín Blanco, Isaac Palacín, Tanxarina, Carlos Blanco, o noso Ruí, Familia Domínguez Senlle e moitas amigas e amigos... viaxan nun libro-disco, con CD e DVD, no tren máis festeiro que nunca houbo nin haberá.


Apetéceche subir con Ruí, con Uxía e con toda a familia Fumaça para cantar e Bailar? O tren está a piques de saír!!!

Xiqui xoque, fiú fiú! é como fai a locomotora máis famosa do mundo, a máis marchosa, a máis chea de vida e alegría que nunca se viu: a locomotora de María Fumaça.





sábado, 17 de xaneiro de 2015

Actividades de xaneiro


FESTIVAL DE INVERNO E DE CINE

No pasado mes de decembro e pouco antes das vacacións de Nadal celebramos o clásico festival de inverno no edificio Multiusos. Resultou  un "auténtico festival de cine" no que cada curso foi interpretando diversas  cancións que representaban variadas e coñecidas películas de cine. Houbo tamén panxoliñas e unha orixinal presentación do acto que lembraba a entrega dos oscars de Hollywood. Este festival que foi preparado durante as semanas anteriores e que foi froito dun traballo de investigación relacionado co Proxecto Documental Integrado deste curso: CINEGÁNDARA recibiu eloxios por parte das familias e  público en xeral. Premede en FESTIVAL DE INVERNO 2014 para ver vídeos e máis información.




venres, 16 de xaneiro de 2015

PREMIOS DOS CERTAMES DE POESÍAS E TARXETAS DE NADAL.

Na Biblioteca Gándara Lemos fixose entrega dos premios dos Certames de Poesía e Tarxetas"Nadal 2014"  A participación foi moi numerosa, mellorando a calidade de cursos pasados. Este ano foi o mesmo Papá Noel o que realizou a entrega dos diplomas e agasallos para os máis pequenos.


  Os premios nas catro categorías:   
                                                                      
CATEGORÍA A -->Infantil   

  -          

 CATEGORÍA  B --> 1º ciclo
   
CATEGORÍA C-->2ºciclo 


                      


                                                   






CATEGORÍA  D-->3º ciclo

                          






    


xoves, 15 de xaneiro de 2015

Novos artigos de bibliotecas escolares na revista EDUGA, entre eles un que fala da nosa experiencia lectora.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica o nº 68 da súa Revista Galega do ensino, EDUGA. Entre as diferentes seccións, a de BIBLIOTECAS ESCOLARES acolle un bo número de artigos que permiten coñecer experiencias en distintos centros, sexa sobre o desenvolvemento de proxectos de carácter interdisciplinar ou sobre actividades máis centradas no fomento da lectura; outros artigos constitúen un percorrido polo conxunto de actividades que deseñan, cumprindo así o seu papel de centros de lectura, información e aprendizaxe...  

Para máis información sobre os diversos artigos preme AQUÍ .

 


O noso artigo está asinado polas coordinadoras das bibliotecas escolares de A Gándara e Sober e trata das iniciativas levadas a cabo polo colectivo Lemos Le para unificar esforzos no impulso do mundo dos libros e a lectura... 


xoves, 8 de xaneiro de 2015

LEMBRAMOS EN IMAXES AS ACTIVIDADES DO MES DE DECEMBRO

NA SEMANA DOS DEREITOS HUMANOS DO 9 AO 12
Coñecemos o libro de:
A extraordinaria viaxe de Lucius Dumb grazas a:
CONTACONTOS DE 4º NA BIBLIOTECA



EXPOSICIÓNS 








VISITA SORPRESA DOS ACTORES DO ESPECTÁCULO  MUSICAL " OS TRES PORQUIÑOS"  DE EDUCA TEATRO PRODUCIÓNS

CINE NA BIBLIO



VISITA DE PAPÁ NOEL



mércores, 7 de xaneiro de 2015

DOUS ARTIGOS INTERESANTES PARA COMEZAR O ANO. FELICES LECTURAS

 No artigo COMO LER MÁIS NO 2015 o  artista e escritor Austin Kleon  confeccionou unha lista de consellos que toman a lectura como unha especie de entrenamento mental.





"Leer es fundamentalmente un síntoma. De una imaginación saludable, de nuestro interés en este y otros mundos, de nuestra capacidad para estar callados e inmóviles, también para soñar despiertos”. Esta breve enumeración de Mark Haddon, autor de El curioso incidente del perro a medianoche, podría ser más larga, llenar las 202 líneas de este artículo. Porque, cuando se habla de lectura, todos los argumentos son a favor: leer diariamente por placer está asociado a un mejor rendimiento en el informe PISA —programa de la OCDE que evalúa las competencias en lectura, matemáticas y ciencia de alumnos a punto de terminar la etapa de enseñanza obligatoria—; en promedio, los lectores habituales tienen una puntuación superior a un año y medio de escolarización a los que no lo hacen, según un estudio publicado en 2011...

Especial literatura infantil en BABELIA