mércores, 24 de outubro de 2018

24 de Outubro - Día das bibliotecas


O 24 de outubro é unha data sinalada como Día da Biblioteca no Calendario do Libro e da Lectura que todos os anos vén publicando a Xunta de Galicia, e está salientado nas axendas de todos cantos traballan a prol das bibliotecas, o libro e a lectura, desde que hai máis de vinte anos a Asociación Española de Amigos do Libro Infantil y Juvenil propuxera a celebración deste día. Na actualidade, o Ministerio de Cultura edita todos os anos uncartel conmemorativo e un pregón, e propón actividades para a súa celebración, entre outros, a través do Observatorio de la Lectura y el Libro.

No día de hoxe abriremos ao público a nosa nova biblioteca escolar, recentemente renovada para que todos aqueles que o desexen poidan vir a gozar da lectura nas novas de zonas de descanso.














venres, 5 de outubro de 2018

DÉIXATE DE CONTOS!! PROXECTO PARA PEQUENOS LECTORES

Nunha fermosa colaboración entre os/as "aprendices lectores/as" de Primeiro e os/as "guías lectores/as" de Segundo, estase levando a cabo este proxecto cada dous xoves. Nesta actividade, os nenos e nenas máis pequenos visitan a clase dos máis maiores para ser axudados nas súas tarefas de lectura. Os "guías" deben tratalos con cariño e paciencia, e ir valorando cada día se o fixeron moi ben ou teñen que mellorar algunha cousa. Os "aprendices" tamén deben valorar se os nenos e nenas maiores foron amables e os trataron ben. Ata o de agora tivo éxito e seguiremos probando durante o primeiro trimestre.




Podedes ver todas as fotos no blog do primeiro andar

martes, 2 de outubro de 2018

Mago Deimi: a maxia está nos libros

O xoves 27 de setembro o mago Deimi visitou a biblioteca de Monforte de Lemos para contarlles aos nenos e nenas que se atopaban na mesma que “A maxia está nos libros”. Durante 60 minutos realizou números de maxia que deixaron aos rapaces coa boca aberta. A actividade tivo música, humor, sorpresa e conectou cun público encantado de participar nos distintos números que lles propuxo o artista. 






26 de setembro - Día Europeo das linguas


O pasado 26 de setembro celebramos o día das linguas. O alumnado atopou na entrada unha caixa onde depositaron mensaxes en galego explicando "por que falan" que posteriormente será traducidos a varios idiomas.