sábado, 25 de febreiro de 2012

RECITANDO E CANTANDO A ROSALÍA DE CASTRO NO SEU DÍA


Algúns dos poemas máis coñecidos de Rosalía de Castro foron recitados ou cantados por profesorado e alumnado dos distintos cursos. Houbo algúns problemas técnicos para ver algunhas  versións musicais . Lembremos que se poden ver dende este blogue noutro día. Agardamos tamén polas ilustracións prometidas.
Este meniño ...


Este vaise e aquel vaise ...  4º

Cantarche hei Galicia... 3º 

Adios ríos adios fontes...Infantil
Vendéronlle os bois... 3º ciclo

mércores, 1 de febreiro de 2012

VÍDEO MUSICAL " NÓS QUEREMOS A PAZ"

Preparou o vídeo e a letra a profe Naza, coordinadora do Equipo de Normalización Lingüística. A música é  a dunha moi coñecida canción do cantante brasileiro Michel Teló  Primeiro gravouse o karaoke con tres nenas de 5º e a partires de aí todos a cantar. Participou todo o alumnado do colexio.O día da Paz cantamos e bailamos nenas, nenos e maiores. Que o que se di non quede só en palabras. Desexemos a paz !!!