martes, 28 de outubro de 2014

CEA DO COLECTIVO LEMOS LE PARA CELEBRAR O DÍA DAS BIBLIOTECAS E ENTREGA DOS PREMIOS DO CERTAME MULLERES DE LEMOS. INÉS DE CASTRO.

O colectivo Lemosle celebrou o día das Bibliotecas cunha cea na que se  fixo entrega dos galardóns do I CERTAME MULLERES DE LEMOS. Tamén se deu a coñecer a temática do segundo certame , que se lle adicará á figura de MARÍA CASTAÑA. O fermoso texto que OLGA NOVO preparou para  o evento clausurou o acto.

Na cea serviuse unha sobremesa adicada á lectura e que lembraba o certame adicado a Inés de Castro.
A xornalista Manola Porto foi a encargada da lectura da Acta do do Xurado do Certame  de Divulgación .

Os agasallos foron entregados polos alcaldes de Monforte, A Pobra de Brollón e Sober.
Os premiados na modalidade de cómic posan cós seus traballos :
 Víctor Domínguez Fernández,1º premio
Cristina Fernández Silvosa e María Armesto Luaces ,accésit



 Na modalidade de divulgación : 1º premio para Xosé Martínez Rodríguez, polo seu traballo :Pequena historia dunha raíña de Lemos"



O profesor Antón Vidal leu o texto que a escritora Olga Novo preparou para o evento.


VÍCTOR DOMÍNGUEZ, EXALUMNO DE A GÁNDARA GAÑA O PRIMEIRO CERTAME DE BANDA DESEÑADA MULLERES DE LEMOS

Víctor estudia na actualidade 2º da ESO no IES Daviña Rey. O premio foille entregado na cea celebrada con motivo do día da Biblioteca no Centro do Viño

Co alcalde de Monforte contemplando o seu
 e outros traballos
Dúas compañeiras de instittuto de Víctor de 1º de bacharelato levaron accesits. Un prestixioso xurado  destacou a calidade dos cómics.



xoves, 23 de outubro de 2014

PREGÓN, RIMAS... NO DÍA DA BIBLIOTECA


    O 24 de outubro   por iniciativa da Asociación Española de Amigos do Libro Infantil   celébrase o DÍA DA  BIBLIOTECA como homenaxe e recoñecemento ao labor que desempeñan os bibliotecarios e bibliotecarias. 
AQUÍ  podedes ler  o pregón deste ano de  Antonio Rodríguez Almodovar  que é unha Homenaxe  á escritora Ana-Maria-Matute   recentemente fallecida.

          LEMOS NA BIBLIOTECA

Lembrades as rimas coas que a nosa querida profesora xubilada Anuncia nos agasallara o pasado curso nestas datas? Convén  volver a lelas. Explica moi ben de forma rimada os motivos para amar e utilizar as bibliotecas escolares.



Un recordo tamén para un personaxe entrañable, MAFALDA, e o seu autor QUINO .






martes, 21 de outubro de 2014

MERCADIÑO DO EXPURGO



Iniciamos a semana da biblioteca co Mercadiño atendido polos equipos de biblioaxudantes. Tratamos de liberar espazo na biblioteca sacando os documentos que se nos quedan anticuados, desfasados ou non adecuados para os nosos usuarios.