xoves, 29 de marzo de 2012

SESIÓN DE CONTACONTOS CON MÚSICA

Patricia e Alex da editorial Kalandraka viñeron  o venres 23 a contarnos as historias que saen da súa fábrica de soños.
Alex é o músico e Patricia conta e canta. As nenas e nenos de educación infantil disfrutaron coa súa actuación.





MOITA ACTIVIDADE NA BIBLIOTECA. NOVOS SERVIZOS





Este mes non paramos. Un día calquera no recreo podemos ver como ademáis do préstamo habitual estanse preparando murais para o día da etnia xitana ou de mulleres na música , buscando información , recontando votos das cancións de amor, lendo ou memorizando ou ensaiando poesía , teatro ... En fin que cada vez usamos e disfrutamos máis da nova biblioteca.
Os catro postos de internet sempre están ocupados e a nova tarima escenario está resultando moi útil.

MALETAS DE LECTURAS DE IDA E VOLTA DENDE SALAMANCA

 Dende o 12 de marzo ata o 7 de maio dispoñemos de dúas coleccións de libros en grandes maletas :
"Cuentos y cosas de osos y osas"  
"¿ Qué te cuentas?
Participamos neste programa de préstamo  da  prestixiosa Fundación Germán  Sánchez Ruipérez  CENTRO INTERNACIONAL DEL LIBRO INFANTIL Y JUVENIL    dende o curso pasado.

 http://www.fundaciongsr.com/   
“Lecturas de Ida y Vuelta. Curso 2011-2012″

Nesta ocasión as maletas circularán e dormirán nas 7 aulas de educación infantil e 1º ciclo de primaria. O programa inclúe suxerencias de múltiples actividades e tratamento das lecturas.





SEMANA DA PRENSA

 Do día 12 ao 16 celebrouse a Semana da Prensa na Escola. Na biblioteca ofrecemos distintos xornais e revistas para ler, comentar, recortar e traballar eses días.
 Animamos así mesmo a participar no Concurso Mellor Xornalista Infantil e Xuvenil promovido polo suplemento escolar do xornal "La voz de Galicia" 

luns, 12 de marzo de 2012

OBRADOIRO DE DEBUXO CON ABRAHAM CARREIRO

Dentro das nosas actividades de promoción de lectura e creatividade este luns  coñecemos ao debuxante, ilustrador e deseñador gráfico Abraham Carreiro. Ten publicados varios libros entre os que destacamos Xoeliki  www.xoeliki.com/ 
Xoeliki. As aventuras dun ciberpirata
e a Colección de contos que len outros nenos do mundo. 

É unha colección que trata de achegarnos ás diferentes culturas do mundo mediante contos populares de distintos lugares. Cada conto vai introducido pola mascota da colección, unha cigoña que gosta moito de viaxar. Durante as súas viaxes vai recopilando historias dos sitios polos que pasa para despois contárnolas ao chegar aquí. 

Abraham Carreiro  iniciounos no marabilloso mundo do debuxo e do cómic a través dalgúns dos personaxes dos seus contos. Aprendeunos a debuxar animais, creación de personaxes,expresións ...
Cos seus debuxos que amablemente nos deixou de recordo faremos unha exposición.