martes, 29 de abril de 2014

Contos na radio

Este curso iniciamos no mes de abril unha actividade que consiste en que algúns nenos e nenas van contar contos á radio e damos as grazas á emisora de RADIO PRINCIPAL de Monforte por abrir as súas portas para que poidamos realizar esta nova experiencia. Ata agora é unha actividade semanal onde participa o alumnado de 5º e 6º curso de Primaria.
Contar contos axuda a desenvolver a imaxinación, a memoria, a expresividade e a capacidade de comunicación. Decía García Márquez, queLa vida no es la que uno vivió sino la que uno recuerda y cómo la recuerda para contarla”. El pasou a primeira parte da súa infancia cos seus avós e escoitaba a diario os contos que a súa avoa materna (que por certo era galega) lle contaba, Según as súas propias palabras iso foi o inicio polo amor á escritura.
 
Noa de 6º o día que foi contar o conto tradicional indio "A casa dos 1000 espellos"
Podemos escoitar aquí  escoitar algún dos nosos maravillosos contacontos.

"A casa dos 1000 espellos" por Noa Díaz Beltrán

"Os 3 anciáns" por Jorge Vázquez


ENCONTROS NA BIBLIOTECA

Os adultos do colexio celebraron o Día Mundial do Libro na Biblioteca. Alí estiveron membros do Club de Lectura, Colectivo de xubiladas, Consello Escolar, ANPA , persoal non docente e profesorado. Dirixímonos dende aquí  a todas as  persoas que  non o puideron asistir e que sabemos tiñan interés en facelo para lembrar que todos os documentos presentados no acto están a súa disposición na biblioteca. 
Libros:  Educar con co-razón de JOSÉ MARÍA TORO, El yoga en la escuela de DOLORS GARCÍA DEBESA, Cociña infantil e familiar. Unha colección de libros de receitas que ensinan a preparar pratos fáciles e creativos, específicamente concebidos para experimentar en familia



 






sábado, 26 de abril de 2014

ASÍ SE COCEU O CONTO XITANO.

Foi unha experiencia moi grata a cocción deste conto. Empezamos por buscalo na rede. Propúxose para o Día do pobo xitano Gustou. Propuxemos a súa  lectura en voz alta por un pequeno grupo de distintos cursos. Despois de pequenos ensaios todo o colexio puido degustalo nun dos actos do mes dos libros.Nas próximas semanas serán os ointes de Radio Principal Cadena SER quen o  catarán No vídeo un dos  primeiros ensaios.

CREACIÓN LITERARIA E ILUSTRACIÓN. RECEITA PARA UNHA BOA HISTORIA




mércores, 23 de abril de 2014

23 de abril, Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor

O 23 de abril celébrase o Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor .

"Coma en anos anteriores, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica un pequeno marcapáxinas para lembrar esta data, cun texto inédito dunha autora ou autor que xenerosamente o cede para as Bibliotecas Escolares de Galicia.  Nesta ocasión o texto que inclúe este punto de lectura é do escritor Paco Martín, de quen se cumpren 30 anos desde a publicación do seu libro"As cousas de Ramón Lamote", primeiro premio Barco de Vapor, da Editorial SM para un texto en galego. Foi tamén o primeiro libro galego recoñecido co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil (1986) e, tamén, o primeiro libro galego que ingresa na lista dos White Ravens (1988), un catálogo de libros imprescindibles para a infancia e a adolescencia

Nas clases lemos o texto de Paco Martín e agasallamos con calendarios e marcapáxinas.
Esta actividade forma parte do programa que temos para todo abril, o mes dos libros.

Para máis información sobre ACTIVIDADES DAS BIBLIOTECAS DE GALICIA preme no marcapáxinas.

Para comprobar o que sabes do DÍA DO LIBRO  preme no   LIM  de abaixo. 


               

mércores, 16 de abril de 2014

DEGUSTANDO CONTOS NO MES DOS LIBROS


O venres 11 tivemos oportunidade de saborear,

 catar, degustar varios contos na biblioteca:


·   Conto xitano Saboroso entrante

 


·        O refugallo (guiso de letras presentado de forma  teatral)    Lectura dramatizada dun fragmento  do libro de PAULA CARBALLEIRA por estudiantes de atención educativa de 5º .




                      

·        A casiña de chocolate ao modo Contacontos pola nosa apreciada e coñecida Mercedes de Cabo de Vila(do equipo da biblioteca). A casiña de chocolate obra de Berta (a cociñeira) e Celia(a conserxe)


·        Hänsel e Gretel ao estilo Kamishibai (Pasamos a receita)




 
Os tres anciáns,conto oriental indio


O elefante encadeado de Jorge Bucay 

·        Contos para pensar e... 
   alimentar os sentimentos.
       Estes contacontos: Jorge, Laura e Noa interveñen cadaquen o seu  luns na radio.



·        Conto de animais


 
·        A eiruga famenta 





·        Deliciosas cancións de aperitivo e sobremesa



          










Máis fotos e información en breve e no blog A Pota dos Contos.



luns, 14 de abril de 2014

VAN CHEGANDO FOTOS PARA O CERTAME

ANÍMATE INDA ESTÁS A TEMPO!
BASES DO CERTAME AQUÍ


   
¡QUE RICA LA VERDURITA!                                                                           ENTRE TOD@S MELLOR

       
                     O ROSCO DA MIÑA AVOA                                                     COCIÑANDO CON CANDELA                        




NA MIÑA CASA HOXE COCIÑA... ALICIA                            NA MIÑA CASA HOXE COCIÑA... AFRICA


 
               MASTERCHEF DANI                                                                      ACCIÓN NA COCIÑA


COCIÑANDO CON BORJA E RODRIGO
HOXE FAGO EU AS ROSQUILLAS PARA A FAMILIA

COCIÑAR COA MIÑA AVOA É XENIAL
     
POSTRES CASEIROS                                                 Á RICA EMPANADILLA





martes, 8 de abril de 2014

PROGRAMA DE ACTIVIDADES PARA O MES DE ABRIL




Féliz dia mundial do pobo xitano

Felicitamos dende aquí aos usuarios xitanos da nosa  biblioteca  no día internacional do pobo xitano e recomendamos a lectura do conto abaixo citado. Disfrutade do fermoso cartel deste ano obra de Monse Motos.

O alumnado xitano fai uso con frecuencia dos nosos recursos.

A biblioteca do noso cole é usada para as reunións semanais que Patricia dos Servicios Sociais do concello fai con Ruth Marlén, Casandra, Cristian , Laura,...antiguos alumnos do noso cole.

       
A Esteban gústalle moito ler.                         Rafa é especialista no xogo de Alimentación.