viernes, 25 de octubre de 2013

BIBLIOTECARIAS E LIBREIROS UNIDOS NO MOVEMENTO LEMOS CELEBRAMOS O DÍA DA BIBLIOTECA

Era a primeira cea para esta celebración. Levabamos un ano de contactos.Tiñamos publicados xa dous dípticos de recomendacións lectoras. Lanzamos un logotipo que nos identifica. Agora sabemos que isto vai ter unha continuidade. Somos amantes da lectura da comarca de Lemos: Monforte, Sober, Saviñao, Pobra de Brollón e San Clodio. Estamos nas Bibliotecas Escolares e Municipais. Queremos compartir experiencias, aunar esforzos e traballar conxuntamente polo fomento da lectura. 

 Foron 34 persoas as que acudiron á cea de celebración do DÍA  DA BIBLIOTECA.
Todas saíron contentas e ilusionadas.



Bibliotecarias de colexios e concellos, libreiros,escritores, xornalistas,clubs de lectura,alcaldes ...


Do colexio de Sober trouxeron  o precioso cartel.





A xornalista Manola Porto leu o texto que o escritor Manuel Veiga preparou para esta data.
O escitor e xornalista Antón Lopo
sorprendeunos cunhas
improvisadas palabras e un memorable
espectáculo de poesía.








A mestra da Gándara Mercedes leu os textos
de Anuncia sobre Bibliotecas Escolares.
O libreiro Antonio púxolle voz ás palabras que
a escritora Olga Novo ten adicado ás bibliotecas.


A repercusión na prensa deste movemento pódese ver no enlace e recorte anexo. 





MÁIS INFORMACIÓN

No hay comentarios:

Publicar un comentario