venres, 31 de xaneiro de 2014

DÍA DA PAZ






  
Traballos de aula 




SE QUEREDES VER OS VÍDEOS CO MANIFESTO, A SOPA DE PEDRA E A CANCIÓN PREMEDE  AQUÍ





mércores, 29 de xaneiro de 2014

FORMACIÓN DE USUARIOS . PDI

FORMACIÓN DE USUARIOS PROFESORADO:
Fíxose o luns 27  ás 17:00 h. Tratamos:
o  Proxectos Documentais Integrados:
    COCIÑANDO E CONTANDO…CONTOS  2ª fase
o FOMENTO LECTURA: mochilas viaxeiras, itinerarios lectores, lotes aulas, hora de ler, préstamos, biblioaxudantes...
o   BLOGS
o   E-BOOKS




FORMACIÓN DE USUARIOS FAMILIAS:
Faise nas reunións ordinarias do 2º trimestre  por ciclos ou titorías. Os mesmos puntos que os mestres, pero centrándonos na información e formas de participación e colaboración. Na de 1º ciclo houbo aportación de moitas ideas e suxerencias.




Máis información e documentación no blog do proxecto   http://apotadoscontos.blogspot.com/

martes, 28 de xaneiro de 2014

COMPROMISO DE VOLUNTARIADO DOS BIBLIOAXUDANTES DE 5º

ESTES SON OS NOSOS BIBLIOAXUDANTES DE 5º QUE O PASADO XOVES 23 ASINARON O COMPROMISO DE VOLUNTARIADO COLABORADOR DA BIBLIOTECA. LEVAN CON NÓS  DENDE O MES DE OUTUBRO E AGORA DESPOIS DUN TRIMESTRE DE EXPERIENCIA ASINAN FORMALMENTE O SEU "CONTRATO".









martes, 21 de xaneiro de 2014

COMEZAN OS ENSAIOS PARA O DÍA DA PAZ . CAMPÁS POLA PAZ EN LINGUA DE SIGNOS

Este ano estamos a ensaiar a canción "Campás pola paz". Pero unha parte da canción facémola en Lingua de Signos. Tamén engadimos pictogramas para que o alumnado máis cativo e con neae poida memorizala mellor.
Ánimo e a ensaiar!

lingua de signos é un sistema de comunicación utilizado sobre todo entre os xordos e persoas con problemas auditivos
        Campás pola paz é unha peza músical que forma parte do libro-disco PAN DE MILLO

CLUB LECTURA ADULTOS 2ª REUNIÓN

Esta era a convocatoria




Os próximos libros do club serán prestados polas bibliotecas escolares do IES Río Cabe de Monforte, do IES de  Monterroso e da Biblioteca Pública do concello de Sober. Trátase de Peaxes de SANTIAGO  LOPO,   A praia dos afogados de DOMINGO VILLARCometas en el cielo de KHALED HOSSEINI e Un día volveré de JUAN MARSÉ.

 Decidimos dispoñer de variados títulos dado que así hai máis posibilidade de elección e lectura.Moitos membros do club non poden asistir á reunión pero teñen interés nas lecturas. A próxima reunión será en torno ao día do libro.

luns, 13 de xaneiro de 2014

FOMENTO DA LECTURA: MOCHILAS VIAXEIRAS E LIBROS QUE VAN E VEÑEN

Dende o mes de outubro veñen ciculando polas casas das familias de todos os cursos de primaria e infantil as mochilas viaxeiras. 





"Lecturas que van e veñen" en bolsas azuis que protexen os libros son as  que semanalmente levan as nenas e nenos de infantil. 




xoves, 9 de xaneiro de 2014

Libros electrónicos. NORMAS DE USO

Este curso no noso centro estamos tratando de levar a cabo o proxecto E-LBE cuxos  obxectivos son:
• Introducir os dispositivos de lectura electrónica na biblioteca.
• Facilitar o acceso do alumnado a novas prácticas lectoras, coa orientación do profesorado e nun contexto favorable á lectura.
• Coñecer distintas posibilidades de uso dentro do contexto escolar.
• Valorar, xunto co profesorado, as mellores fórmulas para a utilización dos libros electrónicos nas bibliotecas escolares.


Os 7 libros electrónicos de que dispoñemos foron prestados inicialmente ao profesorado do equipo da biblioteca e do 3º ciclo. Agora utilízanse en 6º: na Hora de Ler e Préstamo de fin de semana.
 Temos feito un tríptico coas normas de uso e documento de Autorización de préstamo.



Cargandoos na biblioteca.