luns, 18 de maio de 2020

Día das Letras Galegas 2020

Onte celebrouse en Galicia o día das Letras Galegas. Este ano está dedicado a Ricardo Carvalho Calero, un filólogo e escritor galego.

Coma non podemos estar no cole e non podemos celebralo todos xuntos, deixámosvos un contacontos dun dos seus libros: "As pitas baixo a choiva" que nos deixa a profe Mercedes. Esperamos que desfrutedes del.


Tamén vos deixamos a lectura coas imaxes do libro "As pitas baixo a choiva".