venres, 31 de maio de 2013

CONTAPINTACONTOS DE KALANDRAKA



Encontro cos autores MARC E OLALLA

 Olalla González adaptadora dos títulos de Kalandraka Chibos chibóns e Garavanciño e Mark Taeger ilustrador de A verdadeira historia de Carapuchiña, Aquiles o puntiño, Artur, Tic tac e Garavanciño levaron a cabo unha sesión de Contos ilustrados onde a partir do título O soño de Matías do autor Leo Leonni, viaxaron a través dos contos facendo referencia a diferentes pintores contemporáneos.
   A este encontro asistiron os  finalistas de cada clase  do certame  de  "conto ilustrado", os grupos que fixeron kamishibais e o alumnado de 5 anos.    
  Olalla contou historias, Marc debuxou e todos xuntos gozamos dos contos. Houbo moito  interés,  moitas preguntas e  moita aprendizaxe. Para finalizar  adicatorias e autógrafos.  
 A Marc e Olalla gustoulles moito o noso colexio e  o xantar que ese día había e ao que eles foron invitados. 


mércores, 29 de maio de 2013

MÁIS KAMISHIBAI

 O gato sol
AS 5 AMIGUIÑAS DE 1º
           


O xastre valente
AULA 2ºA
O kamishibai recorre as aulas
 
                                                 










MÁIS FOTOS AQUÍ

martes, 28 de maio de 2013

PRIMAVERA MUSICAL E INSTRUMENTOS TRADICIONAIS GALEGOS

Que actividade tan bonita para a biblioteca! Conseguimos un evento didáctico-musical grazas a MARÍA, nai de Alex de 2º e Isis de 4º. María forma parte do grupo de música tradicional do concello( parte do cal a acompañou). Ela con moita paciencia e seguida de moitísimo interés foi explicando o uso dos distintos instrumentos musicais: acordeón, gaita, pandeireta, botella de anís, gaita, bombo... que eran presentados polas alumnas do cole: Isis,Cecilia,Claudia,Ainara e Lucía;para despois dar paso á presentación de PRIMAVERA MUSICAL con letra dela e música de Emilio (director do escola municipal de música). Varias pezas musicais completaron o espectáculo que repetiron catro veces ao longo da mañá( adaptado a cada ciclo dende infantil a 3º ciclo).Os fortes aplausos e participación de neniños e maiores demostran o éxito. Pero non queda aí a cousa. Formando parte do seu grupo descubrimos a nova faceta da mestra LOLI que se xubilou o curso pasado. Exerceu de pandereteira, cantante e ANIMADORA. Foi a gratísima sorpresa do día. Rematamos a mañá comendo todos no comedor do colexio e con pequenas actuacións para as cociñeiras e mestres.







GANDULÉS: Reunión

A reunión para debatir sobre os libros que se seleccionaron para o terceiro trimestre será o 17 de Xuño Na Hora de Lecer e na Hora de Ler.

Os libros sobre os que falaremos son:





FESTA BIBLIOAXUDANTES

FIN DO PRÉSTAMO NA BIBLIOTECA E FESTA PARA OS BIBLIOAXUDANTES. HOUBO AGASALLOS QUE FORON DOADOS POLA IMPRENTA FÉNIX E A LIBRERÍA AGRASAR, XEADOS, BICAS, FOTOS E UN CAFETIÑO PARA AS PROFES E CELIA COLABORADORA ESPECIAL.

sábado, 25 de maio de 2013

SEMANA DO KAMISHIBAI



   Por que hai tantas pedras no fondo dos ríos?
CLAUDIAS DE 4º


As Claudias,elexiron este texto que tiñamos na biblioteca. A narracion desta historia tivo momentos de preguntas e comentarios que habilmente foron dirixidos polas nosas amigas.


 A duende Rosa                                  NOA DE 5º


Noa, ela soa preparou o texto e buscou fotografías e debuxos para esta representación. 



O cazo de Lorenzo              A.    EDUCATIVA 6ºB

Este é o grupo de nenas e nenos que presentaron a adaptación para Kamishibai  do libro O cazo de Lorenzo 


12 meses 12 paisaxes          Atención EDUCATIVA 3º




Os meses que aparecen neste kamishibai  foron realizados nas 12 aulas de infantil e primaria do colexio.
AQUÍ PODEDES VER AS LÁMINAS DE 12 MESES 12 PAISAXES

 Contín contón            GRUPO BULÍN DE 2º B


O grupo Contín leva actuando diante de todos os nenos do colexio, dende o pasado mes de marzo en que  fixera o seu estreno. Esta semana diante do alumnado de 3º ciclo foi a última representación.

Que che gustaría ser?                GRUPO de 4º



En tan só unha semana e no tempo libre Cecilia e Candela elexiron un texto, debuxaron as láminas, seleccionaron unha música e presentaron o seu kamishibai diante dos compañeiros do seu ciclo. Pensan en ir ás aulas de infantil e ...ao mellor a algún instituto.

O VÍDEO DA SEMANA DO KAMISHIBAI



martes, 21 de maio de 2013

O MAGO CARLOS COIRA CO SEU ESPECTÁCULO ABRACADABRA: EXITAZO

GUSTOU MOITÍSIMO A PEQUENOS, MAIORES, MESTRAS E MESTRES. SE QUEREDES VER MÁIS IMAXES MIRADE O BLOG AMIGO do  primeirociclo


 




 






RUTA HISTÓRICO-LITERARIA COÑECE MONFORTE PARA ADULTOS DO COLE

A ruta foi o luns día 20 de maio e o inicio no parque dos Condes ás 17:15 horas. Fomos paseando e parando en certos lugares con relación coa arte, coa historia e, como non, tamén coa literatura. Levamos libros de autores monfortinos e en certas paradas lemos poemas ou composicións breves idóneas. A iniciativa partiu da concellería de Normalización Lingüística do concello e quen nos fixo de excelente guia-acompañante foi Xosé Martínez. A RUTA GASTRONÓMICA Ao rematar a ruta literaria fómonos de ruta gastronómica por algún dos bares que participan no certame CUME TAPAS.

sábado, 18 de maio de 2013

GANDARIÑA E OS 7 MUSEOS DE MONFORTE

Coincidindo co Día Internacional do Museo damos a coñecer un libriño que se fixo no primeiro ciclo hai uns meses. Está feito co papel que o alumnado fabricou nun obradoiro de reciclaxe ofertado pola concellalía de medio ambiente.

CELEBRACIÓN DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS


Pola mañá na Biblioteca celebramos a homenaxe a Vidal Bolaño e o 150 aniversario de Cantares Gallegos presentando   vídeos de producción propia e doutras bibliotecas (ver  entradas anteriores no blog) 

 

















     Non puidemos celebrar o desfile de Pancartas  en defensa  do idioma ás 12 no patio como estaba previsto debido á chuvia. Pero resultou moi emotivo o pequeno acto de homenaxe á lingua galega de todo o colexio que se  iniciou coa interpretación da Copla dos maios  e rematou co  Himno Galego.