martes, 24 de outubro de 2017

Hipatia de Alexandría no 24-0

Para conmemorar o Día Da Biblioteca o alumando de 5º explicounos a historia de Hipatia e da Biblioteca de Alejandría.

Hipatia naceu en Alexandría a mediados do século IV, algunhas referencias din no 370 e outras no 355. O seu pai, Teón de Alexandría, era un famoso matemático e astrónomo, moi apreciado, que parece que traballaba e daba clases na biblioteca, (a que substituíu á lendaria Biblioteca de Alexandría que desaparecera no incendio do 48 a.C. Teón foi un sabio que non gardou os coñecementos para si e os seus discípulos, integrando a súa propia filla (caso insólito no século IV).

Hipatia era unha muller aberta ao saber a quen se lle transmitiu a paixón da investigación, educándose ademais nun ambiente académico culto. Hai historiadores que din que a filla sobrepasou o pai, de xeito que escritos atribuídos a Teón sono en realidade de Hipatia.
Na figura de Hipatia está inspirada a película de Alejandro Amenabar ÁGORA







luns, 23 de outubro de 2017

24-O Día das bibliotecas


O Día 24 de outubro celébrase o Día da Biblioteca. Van xa máis de dúas décadas desde que a Asociación Amigos del Libro Infantil y Juvenil propuxera esta data para facer fincapé nos beneficios destas institucións ao servizo da lectura, da cultura e da cidadanía. Posteriormente, o Ministerio de Cultura apoiou esta celebración e todos os anos edítase un cartel cun texto conmemorativo e realízase un acto de celebración oficial. O cartel e"pregón" deste ano 2017 pódese consultar AQUÍ
O departamento de Educación da Consellería de Cultura, Educación e O.U, pola súa parte, vén publicando desde 2008 uns carteis que pretenden facer visibles as distintas oportunidades e posibilidades da biblioteca escolar, porque o Día 24 de outubro é tamén o DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR, por ser esta unha biblioteca esencial xa que por ela pasa toda a poboación escolar dun país. Cada ano proponse un lema e encárgase a súa interpretación a un creador ou a unha creadora do fértil mundo da ilustración en Galicia. Xosé Tomás é o ilustrador que este ano achega a súa creación a todas as bibliotecas escolares do territorio galego. Aprender a pensar coa biblioteca escolar, o lema elixido nesta ocasión, convida ao aproveitamento dos recursos, dos espazos, dos tempos e das actividades que a biblioteca facilita a toda a comunidade educativa. 

Recursos para o Samaín


















Recursos sobre o magosto

 Fai clic aquí para aceder aos recursos sobre o magosto

martes, 17 de outubro de 2017

Move Ficha pola Ribeira Sacra

Arte, historia, xeografía... a iniciativa do Consorcio de Turismo chegou ao centro a campaña 'Move ficha pola Ribeira Sacra" para coñecer máis sobre o territorio no que vivimos, sobre a Ribeira Sacra.

Os monitores do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra fixeron unha presentación explicativa (con apoio dunha presentación visual) das principias características e valores da zona, para logo traballar cos mesmos contidos dunha maneira lúdica, cun xogo de mesa especialmente creado para esta actividade.



martes, 10 de outubro de 2017

II Andaina escolar Camiño de Inverno








Pulsa en "Máis información" para seguir vendo máis fotos
↓↓↓↓↓↓↓↓↓↓↓↓↓↓↓↓