miércoles, 8 de octubre de 2014

PRÉSTAMO SEMANAL, BIBLIOAXUDANTES, LOTES DE AULAS, ITINERARIOS LECTORES


Dende a  pasada semana funciona  o servizo de préstamo semanal da biblioteca. Infantil, 1º e 2º de primaria realízano dentro do seu horario escolar. 3º,4º, 5º e 6º nos recreos da mañá.

Ao mediodía a biblioteca está atendida por novos mestres: Rubén,Cristina, Iria e Meri.

Temos distribuidos os equipos de biblioaxudantes.






























Xa funciona a HORA DE LER despois do recreo.

Pronto celebraremos o día da biblioteca, repartiremos as mochilas viaxeiras, historias de medo...


Dispoñemos de Lotes de Aulas e Itinerarios lectores para que o profesorado se poda servir deles.   
Algo moi importante: este curso o noso proxecto vai de cine. Necesitamos ideas.

E seguiremos informando.


XA ESTAMOS EN MARCHA. COMEZA O CURSO NA BIBLIOTECA.

Damos á benvida a este novo curso  dende este blog a todas as persoas que forman parte da nosa comunidade educativa: alumnado, familias,  profesorado, cociñeiras, coidadoras, conserxe e limpadora. Saúdo especial para os que están por primeira vez neste colexio. 
Desexamos que teñades moi boas, divertidas, informativas e formativas  lecturas.
Disfrutemos e fagamos  uso de todos os servizos que se nos ofrecen dende a biblioteca.

lunes, 30 de junio de 2014

NÓS TAMÉN CREAMOS: NON QUERO SER UN POLBO. A CURTA DA GÁNDARA


Recoñeces as voces? Fixacheste en como está feito? Merece a pena disfrutar e non perder detalle desta fermosa historia.

A CURTAMETRAXE está baseada no Álbum de  Francesca Chessa  publicado por  OQO.  Non quero  ser un polbo  foi o libro elexido polo equipo de Educación Infantil para participar no concurso NÓS TAMÉN CREAMOS.


Nós tamén creamos! é unha iniciativa promovida pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa en colaboración coa Compañía de Radio-Televisión de Galicia e con OQOeditora


Pódense ver máis curtas doutros colexios premendo aquí:



sábado, 28 de junio de 2014

PREMIOS DA BIBLIOTECA

Os diplomas entregados foron:
Superleo para o máximo lector ou lectora da aula.
Fada Maxín para a mellor escritora ou escritor e con máis imaxinación.
Gandariña para as aulas máis investigadoras.

Houbo asímesmo entrega de agasallos para os libernautas e participantes do certame de fotografía.




Outros premios recibidos polo noso alumnado na biblioteca pública municipal e provincial 

Certame poesía nadal

Letras galegas narración e debuxo


A GAÑADORA DO 1º CERTAME DE FOTOGRAFÍA FAMILIAR

A foto gañadora do 1º certame de fotografía familiar que este curso tiña por lema: Quen cociña na túa casa? foi a realizada na casa de Antía de 3 anos. Ela tivo de premio un  precioso libro de cociña familiar, o cartel recordatorio e o caderno da biblio. O resto dos participantes, por ser o primeiro ano tamén recibiron un detalle. Grazas para todas as familias. O certame terá continuidade en futuros cursos. Lembramos que o xurado estivo formado polo equipo da biblioteca e equipo de biblioaxudantes non participantes. Todas as fotos pódense ver no vídeo.




I CERTAME DE FOTOGRAFÍA FAMILIAR BIBLIOTECA GÁNDARALEMOS on PhotoPeach 

domingo, 22 de junio de 2014

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN

As familias de A Gándara reciben estes días xunto coas notas o díptico  con algunhas recomendacións de lecturas para estas vacacións, realizado polo colectivo LEMOS LE, do que forma parte a nosa biblioteca.
Se queredes máis, consultade LECTURAS PARA O VERÁN 2014  das  BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA ou tamén http://redelectura.blogspot.com.es/


 FELICES LECTURAS !!!!





RESULTADOS DAS NOSAS INVESTIGACIÓNS: Quen cociña na túa casa? Cal é o teu menú favorito do comedor escolar?


                                      QUEN COCIÑA NA TÚA CASA?                           
                             Educación pola Igualdade. PDI: Cociñando e contando…contos
Coincidindo co día da muller e dentro das iniciativas   para unha educación pola igualdade entre homes e mulleres; envíamos ás casas unha enquisa coa que pretendiamos facer un estudo sobre os hábitos dasfamilias do noso alumnado con respecto a este traballo diario tradicionalmente realizado pola muller. As enquisas eran  anónimas. Neste traballo de investigación colaboraron os Equipos de Biblioaxudantes.
Pretendemos seguir con este tipo de traballos o próximo curso. Nos cursos de maiores houbo nun primeiro momento un certo rechazo á participación por pensar eles ou as súas familias que era entrar nun terreo privado. Pensamos que foi clarificado que era anónimo e que o obxectivo  destes traballos son: facer pensar e fomentar alumnado competente en diversa destrezas e formas de aprendizaxe.






Cal é o teu menu ideal?







Este é o menú que máis gusta no noso colexio.